Xincana familiar solidaria
Área Central daralle a benvida ao verán o próximo 30 de xuño cunha xincana familiar con transfondo solidario a favor da delegación galega de Aldeas Infantís, que se compoñerá de dez probas moi divertidas.
Por unha inscrición de 3 euros por persoa, esta recadación destinarase integramente a Aldeas Infantís SOS Galicia, unha entidade que traballa en 139 países protexendo os dereitos da infancia. En Galicia axudan a máis de 350 nenos e nenas e 200 mozos cada ano.