Moito conto
A actividade deste martes a cargo de Ana Carreira cos seus contos! Para nenas e nenos de 4 a 11 anos.
Para asistir é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior chamando aos número de teléfono 988 788385 / 386.

A actividade deste martes a cargo de Ana Carreira cos seus contos! Para nenas e nenos de 4 a 11 anos.
Para asistir é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior chamando aos número de teléfono 988 788385 / 386.
Esta función está chea de animais, pequenas historias e cantos no día a día na granxa de Xan.
Bebeconto para nenas e nenos de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.
A inscrición pódese facer dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386
Este martes temos o contaconto baseado no libro " O cociñeiro Martiño" de Iago López Santos.
Actividades para nenas e nenos de 4 a 11 anos, para asistir precísase facer inscrición previa dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono 988 788385 / 386
Cuentacantacuentos é unha actividade única e emocionante deseñada para nenos que adoran escoitar contos e bailar ao mesmo tempo. Este evento combina a narración de contos coa música e o movemento, creando unha experiencia inesquecible para os pequenos.
Durante as mañás dende ás 11:30h ata as 13:30h. O equipo de docentes do noso proxecto Circonove introducirá aos rapaces e rapazas nas diferentes técnicas circenses (Acrobacias, Malabares, Equilibrios, Danza, Clown, Teatro, Ritmo e Creación de xogetes malabares) no centro Xove da Almáciga.
11:30 A 13:30 H CENTRO XOVE DA ALMÁCIGADía 2 a Idade: 3 A 5 ANOSDías, 9, 17, 23 e 30 a Idade: 6 a 12 ANOS
+INFO
CACHO ANIMALADA é unha sesión de narración oral e música para público infantil.
A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra e voz do multifacético Luis Iglesias. A tradición oral, o humor, o rock e a alegría fan cordada cun feixe de animais e animaladas pensadas para gozar en familia. Un espectáculo fresco e despreocupado para recargar enerxías.
ANIMALADA - substantivo feminino
1 Feito ou dito irracional ou brutal dunha persoa.
Fai tantas animaladas coa guitarra que calquera día leva un dedo. >SINÓNIMOS bestialidade, brutalidade
A maxia sempre volve no Nadal grazas ao festival internacional de ilusións Galicia Magic Fest, que este ano chegará á sétima edición. Magos con premios internacionais e prestixio mundial de distintos países daranse cita no teatro máis importante de Galicia para deixar abraiado durante 90 minutos ao público galego cos seus importantes efectos de maxia e ilusionismo. Unha proposta para un público familiar que xa conta cunha gran tradición polo seu atractivo máxico nestas datas tan importantes.
CantaJuego presenta para a súa xira 2023/2024 ¡VIVA MI PLANETA! Me lo contó un pajarito: unha historia orixinal que nos transporta á liberdade que gozan os paxaros, e que coa súa experiencia e sabedoría axudaranos a aprender grandes cousas sempre coa música, a coreografía e o humor dos inevitables Coco, Pepe e Buby e os nosos amigos os cantantes do xogo.
Sesión de bebeconto para nenas e nenos de 1 a 3 anos (acompañados dunha persoa adulta), o de hoxe estará a cargo de Sole Felloza "A viaxe de Lup"
Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o longo nome que lle puxo a súa nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.
Un día Lup preparou a súa maleta e foise dar a volta ao mundo. Un xersei, unha bufanda, unhas medias quentiñas, un libro de contos, unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos e...unha chupeta! Un lote de cousas para recoller un montón de contos de Igualdade.
Anímaste a vir?
Como todos os martes deste mes de xullo teremos espectáculo/contacontos para nenas e nenos de 4 a 11 anos, o de hoxe estará a cargo de Sara Cruz "Hai que andar!" anímaste a vir?
A inscrición pódese facer dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386