Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Corochas. Atenea García

Corochas, cachogas, celigras, cóchegas, coscas, deligras ou cóxegas: Sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só?

Galego

Unha viaxe vivida

Lugar: salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Ramiro Neira

Sesión de narración oral que pretende que o público viaxe…

Viaxaremos facendo peregrinaxe polo Camiño de Santiago atopándonos con peregrinos e peregrinas de todas as condicións… e os albergues para descansar serán os momentos máis importantes da vida de Francisco Fernández del Riego.

Duración: 45 - 50 minutos

Galego

Unha viaxe vivida

Este sábado celebraremos as nosas letras cnha contada na que peregrinaremos por un camiño de Santiago no que as paradas e albergues serán os momentos máis sobranceiros da vida de Francisco Fernández del Riego.

Actividade pensada para nenas e nenos de 7 a 12 anos.

Para sisitir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 5 de maio a partir das 9.00 h da mañá chamando aos números de teléfono: 988 788385 ou 988 788386.

Galego

Contos no berce. Ramiro Neira

É o momento, antes de durmir, cando acabamos de o bañar ou de cear cando lle podemos contar contos, contos que o farán rir, pensar, aprender, soñar… É nese momento onde podemos compartir tantas cousas¡¡¡¡

Duración: 30 minutos

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 o luns antes da actividade.

Galego

O loitador da Galaxia

Unha homenaxe á vida e obra de Francisco Fernández del Riego.

Pasaron 60 anos desde que Don Paco inventou o Día das Letras Galegas, si! Saíu do seu maxín, como moitas outras iniciativas culturais que contribuíron e contribúen a dar prestixio á nosa lingua e á nosa literatura.

Se queredes coñecer este loitador cultural, galeguista incansable, apertade ben o cinto; nun momento levantamos voo cara á Galaxia, a editora que creou xunto con outros compañeiros nunha época ben, ben escura.

Para nenas e nenos de 5 a 12 anos / Público familiar

Duración: 45 minutos.

Galego

Caballito Hop

Valentín soña con sair do carrusel onde día a día pasea a tantos nenos. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá.

A lúa, que sabe dos seus soños, unha noite faralle un agasallo especial.

Para nenas e nenos de 0 a 3 anos (20 prazas)

Duración: 30 minutos.

Ludoteca

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329

 

Galego

The Good Dinosaur

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada, na que traballarán os valores e emocións que se representas no conto. E en cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión intentando que os pequenos e pequenas interactúen.

Idade: de 4 anos en diante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.

Galego

Os mundos de proquiño

Porquiño acaba de nacer. Aínda que ao principio só lle interesa comer e durmir, pouco a pouco vai descubrindo o mundo que o rodea. Pero como é despistado ás veces pérdese e coñece outros lugares.

Actividade para bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.

Para asistir é necesaria a inscricón previa dende ou venres anterior á actividade ás 9.00 h chamando aos números de teléfono: 988 788385 / 386 . Só poderán reservarse 2 prazas por chamada.

Galego

Un día para as letras : conto ilustrado sobre Francisco Fernández del Riego

Contacontos ilustrado e musicado onde Polo Correo do Vento irá narrando e debuxando a vida e obra do autor homenaxeado no  Día das Letras Galegas.

Farase  tamén un pequeno obradoiro de debuxo da caricatura de Francisco Fernández del Riego, coa participación do público asistente.

 

-Venres, 19 de maio ás 18:00 h.

-Público familiar, a partir de 3 anos

-Entrada libre, ata completar o aforo da  sala

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral