Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Falando a boca chea: Caxoto

TRASTENDA DOUS CONTOS é unha compañía de teatro que vira ao redor da tradición oral e a palabra falada. Nel atoparás espectáculos de narración oral para todas as idades, todas as temáticas, todas as estacións do ano... Partindo de contos, lendas, feitos históricos, tradicións, cancións... propoñémosche viaxar a outras épocas, a outras persoas... outras vidas

Pero en Trastenda non só contamos historias. Nada máis rebuscar nos nosos andeis atoparás toda unha serie de produtos e proxectos que, sen afastarse da narrativa oral, achegan propostas frescas e novas para todos os públicos.

Galego

Na procura dun tesouro

Celebramos o Día do Libro co contacontos “Na procura dun tesouro” da man de Sole Felloza. 

Que acontece cando un grupo de amigas e amigos, descobren o mapa dun tesouro?

Pois que saen a buscalo, claro.

Será ouro, pedras preciosas, moedas antigas?

Unha chea de libros servirán de moita axuda para entender as pistas e sinais que agocha o mapa.

Na procura, mil aventuras e un final sorprendente!

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

The dressmaker

O soño de Sophie é ser unha deseñadora de moda con sona e, por iso, espía á modista do seu barrio, Dottie. Un día, Dottie, que estase a facer maior, non pode rematar un vestido a tempo e Sophie decide axudala ás agachadas. Como reaccionará Dottie cando vexa o vestido rematado? Acadará Sophie ser unha gran deseñadora?

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos no país da choiva

Neste contacontos empréganse contos e poemas como elemento de recuperación de palabras propias (que levou a choiva). Coa participación da rapazada nas diferentes historias a través de xestos, movementos e verbalizacións, traballamos tamén aspectos de educación emocional, sempre tendo en conta a igualdade e o respecto á diferenza como un elemento transversal.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos con Miga

Sesión de contos e cancións con miga que divirten e fan pensar sobre cuestións como a solidariedade, o consumismo , os xogos e a lingua.

-Público familiar, a partir de 3 anos

-Entrada libre ata completar a capacidade do salón de actos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral