Amal
Na periferia dunha cidade calquera, nun vello patio, Amal escóndese en plena fuxida. É unha moza que despois de vivir os horrores da guerra tivo que deixar o seu país en busca de refuxio en Europa. Non sabe que, nese mesmo lugar, outra moza tamén buscou refuxio para escapar das súas propias angustias e preocupacións. Quizais descubran que comparten máis do que podían imaxinar...
Amal, en árabe, significa esperanza. E iso queremos que sexa este relato. Unha historia sobre as persoas, a vida e a esperanza de crear un mundo mellor.

