Cantos e contos que coidan da terra
Contos e cantos que falan de paz, solidariedade e respecto e amor pola natureza.
Servando Barreiro: voz e concertina
Duración: 45 minutos.

Contos e cantos que falan de paz, solidariedade e respecto e amor pola natureza.
Servando Barreiro: voz e concertina
Duración: 45 minutos.
Tralalareira é un espectáculo de narración oral, humor, viño e música para público adulto. Nesta ocasión a narradora Vero Rilo acompáñase de Santi Cribeiro (Berrogüeto, Matto Congro, Os d´Abaixo...) ao acordeón. Este espectáculo nace da boca dunha muller, da señora Isolina, Ai neniña, o que se contaba darredor dun lume, que dicía ela. Esa frase fixo prender a lareira, e que cociñásemos historias de vida, de tradición
oral e contos de autor/a xunto con músicas para cantar acompañadas.
A ratiña Faifá vai lembrar o seu primeiro día na escola de Lonxedetodo, o medo que tivo que vencer ao despegarse da súas mamá e como, co paso dos días, foi descubrindo unha chea de actividades gratificantes.
Contos:
- Matias dibuja el sol. Rocío Martínez. Ekare, 2006.
- As tres curuxiñas. Martin Waddell. Kalandraka, 2017.
Idade: de 4 anos en adiante.
Unha bela historia sobre sombreiros máxicos que nos levan a descubrir a importancia de ser un mesmo e buscar os tesouros que levamos escondidos no noso interior.
Para nenas e nenos de 4 a 12 anos. Público familiar
Duración: 45 minutos
Salón de actos
Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.
Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.
Duración: 30 minutos.
O noso amigo Lup queda na casa os días de choiva e frío, pero non se aburre, ten moitos contos e aprende moitos trabalinguas, xogos cos dedos, adiviñas e cantigas.
Duración: 30 minutos.
Idade: de 1 a 3 anos acompañados por unha persoa adulta
Prazas limitdas
As inscricións poden facerse dende o luns 9 de xaneiro xa que o venres 6 é festivo, chamando aos números de teléfono: 988 788385 e 988 788386. Só poderán reservarse 2 prazas por chamada.
Todos os martes ás 18.00h teremos actividades para os nenos e nenas e 4 a 6 anos.
É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior a actividade a partir das 9.00h da mañá chamando aos números de teléfono: 988 788385 ou 988 788386
“Elas pintan moito” é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Kahlo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.
Cantando con Pinocho, é un proxecto no que A Fada de Cabelos Turquesa e Pepino, contarán o conto que enlazarán cantando en directo con acordeón e piano as cancións inéditas compostas para a obra teatral de Pinocho.
As cancións tratan os temas da liberdade, a amizade, os alimentos ou a importancia de perseguir un soño, entre outros. Abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de sensibilidade.
Sesións de contos para público infantil na biblioteca Ánxel Casal, todos os sábados ás 12:00