Contos violetas para nenas e nenos de todas as cores
Trocar a visión do mundo a través dos contos. Neste contacontos narraranse varias pezas que poñen o acento sobre as relacións de igualdade desde a infancia, tratando ao mesmo tempo valores como a convivencia, a igualdade ou a empatía.
No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

