Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A vida

Desde moi pequenos temos a capacidade de cuestionar, xogando e reflexionando, as preguntas esenciais da vida.

Esta contada pretende, ademais de entreter,  ser unha reflexión lúdica sobre o que somos e sobre o que non sabemos pero que tamén forma parte da nosa vida.

No salón de actos.

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A orixe

Unha exploradora chega á biblioteca co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións ao longo do mundo. Ante os ollos dun público participativo, a exploradora dramatizará diferentes lendas, contos e mitos, coa axuda dalgúns pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.

Galego

Contos e cantos do bardo Abelardo

Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos dos seres que habitan no fondo das fragas, dos ríos e dos mares.

Como a súa cabeza está chea de paxaros, voa de vila en vila e de cidade en cidade contando e cantando historias que falan de paz, solidariedade e respecto á natureza.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A historia en feminino

No marco de Os sábados, choiva de contos teremos o contacontos “A historia en feminino”, a visibilización de mulleres ao longo da historia.

Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas mulleres que houbo ao longo da historia e que foron borradas da mesma.

Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino.

No salón de actos. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Badabín Badabán

Este martes a maxia volve á Biblioteca a cargo de David Méndez co seu espetáculo, "Badabín Badabán" para nenas e nenos de 4 a 11 anos. 

Para asistir precísase facer inscrición previa dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono 988 788385 / 386

Galego

A maxia que hai dentro de ti

Unha bela historia sobre sombreiros máxicos que nos levan a descubrir a importancia de ser un mesmo e buscar os tesouros que levamos escondidos no noso interior.

Actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 11 anos. 

Para asistir precísase facer inscrición previa dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono 988 788385 / 386

Galego

Cociñando con sentimento

Teatro visual para bebés.

Un cociñeiro e a súa pinche pretenden cociñar con todo o seu sentimento, pero ás veces o sentimento desaparece e non poden cociñar.

Farán falta ingredientes, unha culler para remexer e moita paciencia para facer a comida con agarimo e amor.

Actividade para bebés ( de 1 a 3 anos) acompañados dunha persoa adulta. 

Para asistir é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior chamando aos número de teléfono 988 788385 / 386.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral