Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cinco ratiños de conto

Na aldea do queixo fresco os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias; a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato.

Sons e texturas apoian as historias e captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

Para nenas e nenos de 0 a 3 anos (15 prazas)

Duración: 30 min.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na Sala Infantil ou no teléfono 982828329

Galego

Extra terrestre

Espectáculo de teatro de papel pop up e marionetas a cargo de Juste Kamishibai.
Montaxe de teatro de papel pop up e marionetas, tamén de papel, na que se conta a historia dun extraterrestre moi peculiar, que viaxa por varios planetas e coñece moitos outros alieníxenas moi diferentes, pero cos que descubrirá que ten algo en común.
“Extra terrestre” é unha historia con mensaxes e ensinanzas sobre a amizade, a tolerancia, o respecto, a igualdade e a xenerosidade.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Robinsón e o seu loro

Contacontos en castelán da man de Fernando Saldaña.
No marco do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica Miúdo estará con nós o contacontos Fernando Saldaña con “Robinsón e o seu loro”. Un mariñeiro enfróntase a unha terrible tormenta que o fai afundirse. Chega a unha illa na que atopa un loro que o axudará a volver á casa. Espectáculo de contos con descontextualización de obxectos e algún xogo de maxia baseado en El loro de Robinson de Antonio A. Gómez.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 5 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Os planetas do Samu

Contacontos en portugués da man de Joana Cordeiro
O Samu é un neno con dificultades na comunicación e ten unha forma especial de interpretar o que lle rodea. A familia e os amigos representan un papel importante para conseguir superar as súas dificultades.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
 

Galego

Filipa cos contos

Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só da nosa contorna máis próxima, senón tamén doutras terras. Contos "filipantes" acompañados dunha guitarra.

Galego

Robinsón e o seu loro

No marco do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica Miúdo estará con nós o contacontos Fernando Saldaña con “Robinsón e o seu loro”. Un mariñeiro enfróntase a unha terrible tormenta que o fai afundirse. Chega a unha illa na que atopa un loro que o axudará a volver á casa. Espectáculo de contos con descontextualización de obxectos e algún xogo de maxia baseado en El loro de Robinson de Antonio A. Gómez.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 5 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Extra terrestre

Montaxe de teatro de papel pop up e marionetas, tamén de papel, na que se conta a historia dun extraterrestre moi peculiar, que viaxa por varios planetas e coñece moitos outros alieníxenas moi diferentes, pero cos que descubrirá que ten algo en común.

“Extra terrestre” é unha historia con mensaxes e ensinanzas sobre a amizade, a tolerancia, o respecto, a igualdade e a xenerosidade.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Os planetas do Samu

O Samu é un neno con dificultades na comunicación e ten unha forma especial de interpretar o que lle rodea. A familia e os amigos representan un papel importante para conseguir superar as súas dificultades.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O lapis de Martín

Texto de presentación da actividade

Os pais de Martín mercábanlle  agasallos, pero nunca estaba contento. Unha tarde atopouse  coa súa  amiga Martiña e descubriu cómo deixar de estar aburrido. Martín aprendeu a xogar co lapis máxico e a probar os milleiros de posibilidades que ten, empregar a imaxinación.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (400000000)

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral