Día da infancia - Estrafalaria
NARRACIÓN ORAL E OBXECTOS / +3 ANOS / 50 MIN

NARRACIÓN ORAL E OBXECTOS / +3 ANOS / 50 MIN
Cedemos o salón de actos da biblioteca a Susana Peix, bibliotecaria e escritora especializada en accesibilidade á lectura, para realizar unha actividade sobre a comprensión lectora e a literatura infantil accesible.
A actividade comeza cun contacontos no que escoitaremos dous relatos: El mejor gato del vecindario e Planeta Q, un lugar donde vivir.
Ao remate da contada, impartirá unha charla na que a través da presentación da coleción Leemos (ed. Cumio) analizará as características que facilitan a lectura e a comprensión lectora.
Unha divertida sesión de contos con cancións e sorpresas a cargo de Bea campos e Carlos Yus de Migallas Teatro na que o público poderá gozar con divertidas historias e cancións.
A detective Queizás enfróntase ao caso máis difícil da súa carreira.
Tras días buscando a M.S. unha montañeira perdida consegue dar con ela no máis profundo dun bosque. Está tirada no chan sen folgos atrapada nunha silveira, pero compórtase dun xeito estraño. Comería algo velenoso? Picaríalle unha víbora?
Texto de presentación da actividade
Os contos serven para moitas cousas prodixiosas, mesmo para resolver misterios nas súas páxinas. Hai na bilblioteca un libro moi especial, encantador e feiticeiro, que, cuns pós máxicos aquí e uns pós máxicos alá, axudarános a aderezar a vida e os contos dende unha perspectiva ...MÁXICA!!.
Programa
PROGRAMA LER CONTA MOITO, CO MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA
Público/s ao/aos que vai dirixido
Texto de presentación da actividade
Abracadabra!o mago Teto saca do seu sombreiro un show no que se mistura a narrativa de contos e xogos de maxia.A actividade consta dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos,cartas e variñas.E por arte de maxia cada conto,vai acompañado dun xogo relacionado coa historia.Porque hai moita maxia na literatura e moita literatura na maxia.
Programa
Ler Conta Moito
Público/s ao/aos que vai dirixido
Texto de presentación da actividade
“Unha tarde especial con Dori” lévanos ó cuarto dunha rapaza moi curiosa e con moita imaxinación. Veremos como Dori prepara algo especial para a súa Avoa polo seu aniversario. Será unha torta? Un debuxo? Ou unha canción? Teremos que acompañala nesta aventura para descubrilo, na cal mediante contos, movemento, música e elementos luminosos nos fará pasar un día máxico.
Programa
Día da Biblioteca
Público/s ao/aos que vai dirixido
Texto de presentación da actividade
"Porco porquiño, ensíname o camiño: enriba, abaixo, diante, atrás, por onde vas? Tes algunha historia por contar?..."
Contos, brincadeiras, rimas e cancións porcas, porquísimas para pasalo en grande cos máis peques da familia.
Programa
Mes da Biblioteca 2023
Público/s ao/aos que vai dirixido
Duración
35 minutos
Sesións
Texto de presentación da actividade
Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.
Programa
24 de outubro: Día das bibliotecas
Público/s ao/aos que vai dirixido
Texto de presentación da actividade
Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas.
Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias.
Programa
Ler Conta Moito
Público/s ao/aos que vai dirixido