Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Con ollos de científic@

Obradoiro infantil (de 8 a 11 anos)
Actividade na que nenos e nenas poderán descubrir, a través da realización de sinxelos experimentos, os principios científicos nos que se basea o funcionamento dunha das pezas que forman parte da colección do museo: o fonógrafo, o primeiro aparello capaz de gravar e reproducir sons.
 
Actividade gratuíta
Imprescindible reserva previa a través da web do museo:

Galego

Un faro de contos

Contos e cancións mariñeiras para traer o verán ao outono.

Contaconto para os máis pequenos da casa (bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta) para asistir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788385 / 386.

Galego

Memoria das estrelas

Nesta viaxe con Raquel Galavís mergullámonos nunha historia interactiva acompañados dos sons do universo e as verbas das estrelas, para descubrir como se formaron os planetas e a nosa terra.

Contaconto para os máis pequenos da casa (bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta). 

Inscricións dende o venres anterior a actividade chamando aos números de teléfono: 988 788385 /386

 

Galego

Cabicivai

Ca bici vai subindo e baixando,
ca bici vai de acó para alá,
ca bici vai carretando as historias,
ca bici vai a golpe de pedal...”

Cabicivai é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!!.

Público infantil a partir de 3 anos

Salón de actos

Duración: 45 minutos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Bolboretas

Laia berrou dende a porta:
    -Mamá vou a dar a volta ao mundo.
E Salaia, a súa nai, cun sorriso como a lúa crecente, dixo adeus coa man. Sabía que cando os pés piden camiño ninguén pode pararlles. O mundo precisa que o camiñen para existir. E así Laia voou polo camiño, na súa bicicleta lila, e coñeceu as historias que hoxe conta. Historias de mulleres bolboretas que coma ela, un día escoitaron o seu corazón.

 

Galego

Andando polo camiño

Un crocodilo namorado, unha andaina de animais, un Vexo-Vexo diferente, uns contos cantados e unhas cancións para contar...todo elo dentro dunha proposta para pequenos e grandes que levaran o son dos cantacontos ós corazóns de todos.

Duración: 35 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

As viaxes de Lup

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o nome tan longo que lle puxera a sua nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.

Lup, un día preparou a sua maleta, e foise a dar a volta ao mundo.

Un xersei, unha bufanda, uns peúgos de la, un libro de contos,unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos, un chupete… un chupete!

¿Un chupete é una cousa para levar nunha viaxe tan divertida?

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Maxia ou ciencia

Coa realización de diversos experimentos búscase proporcionarlles ás nenas e nenos asistentes unha base de pensamento lóxico dedutivo.

O obxectivo é espertar o seu interese pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade. Demostrarase que os fenómenos naturais poden parecer máxicos e asombrarnos, ata que os observamos, descubrimos e explicamos. Ese é o inicio da actividade científica.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral