Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Frumario o bibliotecario

Texto de presentación da actividade

Da man dun personaxe moi especial os nenos e nenas descubrirán os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca. Dinámicas escenas de fantasía, asombrosas narracións, ciencia, poesía, musica, … sorprenderán aos participantes, animándoos a buscar, os tesouros que a lectura nos ofrece emoción, misterio, diversión… E o máis importante: Todo nun mesmo lugar, a nosa biblioteca

Programa

Celebración do Día das Bibliotecas

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Elas

Texto de presentación da actividade

Elas é un espectáculo de narración oral para público infantil da man da mestra e contadora Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique, Apatacón, Pallasos en Rebeldía), onde achega unha selección de historias de vida, de autor/a, tradicionais e de recollida sobre igualdade.

Elas somos nós.

Programa

PROGRAMACION DE OUTONO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas (3-8)

Duración

45 minutos

Galego

Roupa tendida

Texto de presentación da actividade

Roupa tendida é un espectáculo de narración oral que procura afondar na literatura de tradición oral.

Contar hoxe os contos de onte permítenos reflexionar sobre as nosas crenzas, observalas coa perspectiva do tempo, contalas desde a visión daquelas pequenas que se fixeron grandes e cuestionaron unha e outra vez o papel das silenciadas, das subversivas, das que non tiveron voz.



 

Programa

Actividades derradeiro trimestre do ano

Galego

Procúra-se Pepa a Loba

Texto de presentación da actividade

A famosa bandoleira Pepa a Loba, chega ata un refuxio onde poder acubillarse: é a taberna da que tanto lle falara súa nai. Decide poñela de novo en funcionamento coa axuda da súa inseparable gavela. Alguén lle fala dun cobizado tesouro... Atréveste a procuralo con ela? Somérxete de cheo nesta aventura carregada de música, títeres e intrigantes historias.

Programa

Ciclo Mes da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Este queixo queixolán. Contos para bebés

Texto de presentación da actividade

Este queixo queixolán, esta boca pide pan, este naris pis pis, esta testa testaruda e estes peliños de punta.

Temos unha riqueza espectacular na nosa tradición oral que precisa ser recuperada.

Sesión de contos, arrolos, cantos, xogos e ladaíñas para bebés e acompañantes.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Bebés (0 a 3 anos)

Duración

35 minutos

Sesións

Galego

Os contos da leiteira

Texto de presentación da actividade

“Os contos da leiteira” dá voz a historias de mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras pero tamén á propia condición de feminina, representada por animais que viven esas circunstancias. Contos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou galos fachendosos que nos farán gozar e concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade.

Programa

PROGRAMACION DE OUTONO

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Onde viven os monstros

Texto de presentación da actividade

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

Programa

Actividades derradeiro trimestre do ano

Galego

Cociñando historias de igualdade

Texto de presentación da actividade

Contacontos para traballar a igualdade de xénero entre as nenas e os nenos seguindo unha metodoloxía participativa e interactiva. Ao remate do contacontos realízase xogos e dinámicas para afianzar conceptos.

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas (3 a 12 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

Galego

Coas mans na masa (contos de igualdade)

Texto de presentación da actividade

Ao gran Chef Caxoto sempre lle dixeron que cociñar era cousa de mulleres e desta volta quere propoñernos un menú elaborado con ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero e os micromachismos cociñados a lume lento ao longo da historia. Un prato de bo gusto onde entre risas, contos e sorpresas afinaremos o noso padal na igualdade e contra os estereotipos de xénero.

Programa

Mes da biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral