Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos miudiños

Miudiñas historias para as nosas miudiñas e miudiños preferidos. Contiños cheos de sorpresas e emocións que os divertirán e os iniciarán no máxico camiño dos relatos e as historias.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 0 a 3 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O lapis de Martín

Texto de presentación da actividade

Os pais de Martín mercábanlle  agasallos, pero nunca estaba contento. Unha tarde atopouse  coa súa  amiga Martiña e descubriu cómo deixar de estar aburrido. Martín aprendeu a xogar co lapis máxico e a probar os milleiros de posibilidades que ten, empregar a imaxinación.
 

Programa

CONTACONTOS DE VERÁN NA BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil 

Duración

50 minutos

Galego

Os contos do avó, mulleres galegas

Texto de presentación da actividadeO noso avoiño viaxeiro continúa a amosar ledicia e humor para achegarnos algunhas das máis apaixonantes lendas historias sobre mulleres da nosa terra galega. Uns relatos repletos de fervor, forza, coraxe e coma sempre moito humorProgramaLer conta moitoPúblico/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3 a 12 anos)

Duración40 minutosSesións

Galego

Escola de dragóns

Texto de presentación da actividade

Conto interactivo e participativo no que os nenos/as acompañan a Zog na Escola de Dragóns. Todos xuntos aprenderemos a comportarnos como auténticos dragóns e a superar cada unha das probas plantexadas pola señorita Dragón. Polo camiño, coñeceremos a unha rapaza que non quere ser princesa, o seu soño é ser doutora, axudaralle Zog a conseguir o seu soño ou a secuestrará nunha torre como ás princesas?

Programa

CONTACONTOS DE VERÁN NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Galego

The Dress Maker

Unha nena aprenderá a facer os seus propios vestidos e compartirá a súa aventura coa súa familia.                    

No salón de actos. Actividade dirixida a público infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Lúa

Un día Lúa decide baixar á terra para observar que é o que alí sucede e, sobre todo, a que se debe tanto barullo. Neste contacontos, Pepablo Patinho propón unha morea de poemas cunha protagonista común, a lúa e co obxectivo de que as nenas e nenos recapaciten sobre problemas da sociedade. Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes nos versos de Lúa.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Uxía e o mar

Uxía tiña un soño grande, moi grande…xigante! Ver o mar. E para iso emprende unha emocionante viaxe. Polo camiño, vai atopar grandes amigos, pero… acadará o seu obxectivo? Unha valiosa aprendizaxe para a vida.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

La Bella y La Bestia

La Barbarie Teatro Musical trae de volta unha historia clásica: a de La Bella y La Bestia, ¡convertida en musical! Con moita maxia, emoción, unha historia de amor que pode superar todas as barreiras, amizade, feitizos e por suposto moita música.
É o evento ideal para que nenos e adultos desfruten xuntos do teatro. Cun coidado vestiario e voces en riguroso directo, a música transportará a unha historia máxica. 
Idade recomendada: a partires de 2 anos, recomendado para todos os públicos.
 
 

Galego

Onde viven os monstros

Texto de presentación da actividade

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

Programa

ESCOLA DE VERÁN 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral