Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Entre arrolos e contiños

Sesión do contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

- Público destinatario: bebés (0-3 anos)

- 15 bebés (acompañados de ata dous adultos)

- Lugar: Sala infantil

- Hora: 18:00

- Entrada de balde

Galego

Ollo, Piollo!

Contos e cantos para xogar ás agachadas con imaxes e palabras, para xogar ao “veo, veo" e as adiviñas, para descubrir o mundo, xuntos, cunha ollada curiosa e ollos sorrindo.

Ollo, Piollo! acaba de nacer

Público infantil de 0 a 3 anos

Ludoteca

Duración: 30 minutos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Buscando a Rosalía

A detective Queliña atopa unha vella maleta, dentro hai follas escritas con versos, uns zapatos pequenos, un pano branco...Investigando e xogando descubre quen é a dona da maleta, Rosalía de Castro, a nosa gran poeta.

 

Data e hora: venres 23 de febreiro ás 18:00 horas.

Público destinatario: Infantil

Sen inscrición previa, ata completar o aforo da sala

Galego

O mundo máxico de Pinocho

En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

Galego

Á caía!

Está en crise a comedia? Miña, nai, esperemos que non! É moi necesaria para soportar o “mundo real”. E ademáis, son moitos os que viven por e para a risa. Pero si que é certo que hai unha certa tendencia nos últimos tempos a meterse con ela, a censurala, a criticala… Está, por exemplo, o famoso tema dos límites, aquel “con que se pode facer humor e con que non”. Debates internacionais, hai con isto. Pero temos máis. Dun tempo para aquí escóitase moito a frase “todos fan máis ou menos o mesmo, falan do mesmo e usan os mesmos chistes”. Respectable opinión tamén.

Galego

Ilustrar sen dono

Polo Correo ilustrará e narrará dun xeito lúdico a vida de Chichi Campos, o artista homenaxeado no Día da Ilustración 2024

Público destinatario: Infantil, a partir de 3 anos.

Día e hora: venres, 26 de xaneiro ás 18:00 horas.

Sen inscrición previa, ata completar aforo.

Galego

Cabaliño Hop

Celebramos o Día do Usuario cos máis pequenos !

Valentín soña con saír do carrusel onde día a día pasea a tantos nenos e nenas. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá. A lúa, que sabe dos seus sonos, unha noite faralle un agasallo moi especial ...

Contaconto para bebés de 1 a 3 anos que deberán estar acompañados dun adulto.

As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono 988 788385/86. 

Galego

Funambulus

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada, e se traballarán os valores e emocións que se representan no conto. En cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión intentando que os pequenos e pequenas interactúen.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

Reserva de praza na bilioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral