Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A nena e os tres osos

“A nena e os tres osos” é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.

Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns pode ser… unha familia de osos!

Galego

Paxariña

Contos e versos para celebrar a primavera, o día da poesía e da narración oral.

Para nenos e nenas de 0 a 3 anos (15 prazas).

dade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza a propia semana da actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Sopiña de contos

Historias onde os máis miudiños achegaránse aos libros e á lectura dunha forma lúdica e divertida, despertando o interés pola lectura con esta sopiña de contos, ben quentiña e saborosa.

dade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza a propia semana da actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

Galego

Lorenzo's Pot

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada, e se traballarán os valores e emocións que se representan no conto. En cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión intentando que os pequenos e pequenas interactúen.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

Reserva de praza na bilioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

O baile de Mariana

Un conto que nos mostra a importancia de expresarnos a través da arte e a non renunciar aos soños cando nos encontramos con obstáculos.

A perseverancia, o traballo e a paciencia axudarannos a chegar a tocar as estrelas.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

Sabela e o paxaro máxico

Celebramos o Día do Teatro co contacontos Sabela e o paxaro máxico da man de Tarabelos. Adaptación con monicreques dun conto popular galego que mostra as penurias dunha pobre nena que habita nun precioso castelo nas terras galegas. Aínda que este conto da formación Tarabelos cheira a princesas, Sabela non o é.

Espectáculo de monicreques para que, desde ben novas, as cativas e os cativos aprendan a rachar cos estereotipos.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A poesía é un conto

Celebramos o Día da Poesía co contacontos “A poesía é un conto” da man de Miguel Ángel Alonso Diz. A través da poesía achegámonos a un mundo cheo de sensibilidade, tenrura e emoción no que o xogo é o alimento principal.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral