Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Levántate Xan

É noite na granxa de Xan. Soa un espertador. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar dándolle permiso ao Sol para que apareza destrás das montañas. Pero ese día algo sae mal. O galo non ten forzas para cantar; e se o galo non canta todo o mundo sabe que o sol non se levanta… Non será que Xan se esqueceu de darlle a cea aos animais antes de ir para a cama a noite anterior?

Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas para recrear o día a día na granxa de Xan.

Galego

Contando con Rosalía

Rosalía de Castro brilla no firmamento e é a estrela que nos ilumina a todos nós.
Poemas e contos para compartir, cargados da musicalidade da poesía de Rosalía de Castro. Un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico, divertido e saboroso.

Dirixido a público infantil de idades entre 3 e 8 anos.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O baile de Mariana

Un conto que nos mostra a importancia de expresarnos a través da arte e a non renunciar aos soños cando nos encontramos con obstáculos.

A perseverancia, o traballo e a paciencia axudarannos a chegar a tocar as estrelas.

Dirixido a público infantil de idades entre 3 e 8 anos.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Animais artistas e outras cousiñas

Cales son as tres actividades que adoitamos facer no Entroido? Disfrazarnos, gastar bromas e pasalo ben! Iso mesmo é o que fan os animais protagonistas destas historias: un porquiño pintor, un corvo músico e a tartaruga máis vella     do mundo.
No Entroido disfrazámonos para ser outra persoa ou quizais estamos disfrazados todo o ano e só nestas datas deixamos saír o noso lado máis salvaxe?

Dirixido a público infantil de idades entre 3 e 8 anos.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

I love my colourful nails!

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada, e se traballarán os valores e emocións que se representan no conto. En cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión intentando que os pequenos e pequenas interactúen.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

Reserva de praza na bilioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

Tantarantán

Cancións que son contos e contos que se cantan.

Para desfrutar do ritmo das historias.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza a propia semana da actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

A música da auga

A historia comenza recuperando a cultura tradicional do “espertar das augas”, continuando o ciclo da auga a través do percurso dun río (O Minho).

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Reserva previa de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Contos diversos

A través dos contos trasladar a toda a rapazada que a diversidade é positiva, a violencia nunca é un recurso e o respecto é o eixo das relacións entre todas as persoas.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Reserva previa de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade

Galego

Garavanciño

Nos tempos de María Castaña, cando os animais falaban, había un neno miudiño, miudiño coma un garavanzo. Tan pequeniño que ir ó mercado era unha aventura.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Reserva previa de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral