Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A fada do saco verde

Texto de presentación da actividade

Erea é unha fada diferente ao resto xa que non posúe poderes máxicos e isto fai que se sinta mal e que o resto de fadas se mofen dela. Pero un día todo cambia cando os seres do bosque lle tecen un saco máxico no que pode gardar todo aquilo que manca o mundo e convértese así na fada do saco verde. 

Programa

Celebración do día da Biblioteca . Sesión dirixida aos alumnos do CEIP Avelino Díaz de Meira que se achegarán á Casa da Cultura na que está ubicada a biblioteca .

Galego

A ciclobiblioteca na biblioteca

Texto de presentación da actividade

A ciclobiblioteca chega a biblitoeca para pedalar cos contos na loita contra o cambio climático. Libros para coidar a terra da man do escritor Anxo Moure...."Salgadiña a estrela de Fisterra", "O paraugas Dameaugas", "Caramulo...." dentro do proxecto "Cuco" Cultura para coidar a terra.

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (De 0 a 15 anos acompañados de familias)

Duración

60 minutos

Galego

Aitana e a avoa, e outros contos violetas

Texto de presentación da actividade

Con Aitana e a avoa, aprendemos a atopar cancións e xogos de tradición oral que dormen escondidos na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas.  Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenas ou romper estereotipos con Princesas que soltan peidos.

Programa

SEMANA DA BIBLIOTECA

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Contos para tecer redes

O colectivo "Afiando o vento" organiza esta semana dúas actividades na Biblioteca, a primeira será unha contada a cargo de Atenea García para público familiar.

As nenas e os nenos deberán estar acompañados dunha persoa adulta.

Para inscribirse podedes chamar aos números de teléfono: 988 788385 / 386

Galego

Unha presada de castañas

Dende o tempo dos Celtas, coa chegada do outono, os nosos antepasados apuraban o remate da tempada de colleitas e as familias preparábanse para as longas e frías noites do inverno. Pero se en Galicia hai unha tradición é que nunca se remata un choio sen celebralo por todo o alto. Nese momento as despensas estaban ateigadas de cereal, mel, viño, carne curada da matanza... e por suposto castañas... Xa temos os ingredientes necesarios para un bo magosto!

Galego

Quen manda aquí

No país onde uns cantos mandan sobre o resto e onde existen regras que non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas conseguen crear un novo país, o País da igualdade onde nos gustaría vivir, aprendendo que entre todas e todos podemos construír unha nova realidade. Unha historia que nos convida a sentirnos iguais desde as nosas diferenzas.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contamos en igualdade

Sesión de contos baseados na importancia da igualdade e a convivencia. Durante a hora que dura a actividade as pequenas e pequenos reflexionarán sobre a igualdade, as diferenzas entre homes e mulleres, a integración, a cooperación, a corresponsabilidade, … todo dun xeito moi lúdico e divertido.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 6 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Non é bruxería, é ciencia

Aprende ciencia facendo as túas propias pocións da man da bruxa Pinhuxa.

O termo bruxa foi acuñado na Idade Media coa idea de que un ser maligno outorgaba a certas mulleres poderes, fórmulas e artefactos para facer maleficios pero, en realidade, eran as primeiras mulleres con coñecementos de ciencia. Estes non proviñan da maxia, senón da súa propia experiencia e da experimentación con metais, minerais e plantas.

Galego

Cantas flores no firmamento

No Día da Eliminación da Violencia contra a Muller temos o contacontos “Cantas flores no firmamento” da man de Ana B. Trillo. Cantas facianas nun espello? Cantos usos nun caldeiro vello? Contos de onte e de sempre, de aquí e acolá, nos que a diferenza, o alleo son un punto de partida dun percorrido cara á empatía e á igualdade.

Pequenas historias, divertidas e participativas, contadas ao xeito tradicional e aderezadas con música e moito humor.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O espantallo amigo

Lembramos o aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas co contacontos “O espantallo amigo” que narra a historia dun espantallo que non quería espantar merlos porque desexaba ser amigo de todos os animais e que estes fosen amigos entre eles. Unha tenra historia de amizade, liberdade e resolución de conflitos de forma pacífica contada e cantada por Servando Barreiro

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral