Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Os tres porquiños

Canto van desfrutar os nosos bebés coas aventuras destes  porquiños tan espelidos.

 

Data e hora: martes, 19 de novembro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, de 0 a 3 anos

Con inscrición previa na web da biblioteca dende o 11 de novembro ás 9.00 h.

Galego

Vai frío!

Contos fresquiños para os máis pequenos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, entrarán en calor coas historias máis fascinantes e os personaxes máis delirantes!

Bebeconto con Iván Davila para bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. 

A inscrición pódese facer dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386

 

 

Galego

Questions and Answers about Science

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, e traballarán os valores e emocións que se representan no conto. E en cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión para que os pequenos e pequenas interactúen.

Idade: de 4 anos en diante.

Duración: 60 minutos

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.

Galego

Quen manda aquí

No país onde uns cantos mandan sobre o resto e onde existen regras que non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa.

O cambio desas normas tan inxustas conseguen crear un novo país, o Pais da igualdade onde nos gustaría vivir, aprendendo que entre todas e todos podemos construír unha nova realidade.

Unha historia que nos convida a sentirnos iguais desde as nosas diferenzas e celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Galego

CABICIVAI

Para celebrar o Día das Bibliotecas,

Cabici vai subindo e baixando,

ca bici vai de acó para alá,

ca bici vai carretando as historias,

ca bici vai a golpe de pedal... "

Cabicivai é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!!

Para nenos/as a partir de 4 anos

Duración: 45 minutos

Sala Multiusos (soto 1) ata completar aforo

Galego

Véxote! Contacontos inclusivo

Texto de presentación da actividade

 A Paz é posible si somos capaces de ver ás persoas que nos rodean, si cada ser humano ten dereito o seu lugar, a pertencer.
Constrúese cada día no teu barrio, na túa casa, no teu corazón.
Saborear as nosas diferenzas porque todos somos igual de valiosos.
Tralo conto converterémonos en chefs para investigar sabores e cores nun obradoiro de cociña creativa, porque na cociña non hai fronteiras!
 

Programa

Actividades de promoción da lectura

Galego

Onde viven os monstros

Texto de presentación da actividade

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

Programa

Día da biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

O mundo ao revés

Texto de presentación da actividade

Jaime é un entusiasta do fútbol, o mellor xogador do seu cole ata que se muda a Revelandia onde todas as deportistas son rapazas, tamén no fútbol! E pasa a ser o único rapaz deportista, acompáñasnos nesta aventura?

Programa

SEMANA DA BIBLIOTECA

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (+5 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

Galego

Contacontos Dada a trasna

Texto de presentación da actividade

O duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos marabillosos nos que se traballarán diferentes valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos a través destes contos máxicos.

Programa

REBULIDEIROS - Programa de dinamización da lingua galega do Rosal

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Cambi@ Contos: Filipa cos contos

Texto de presentación da actividade

Cámbiache o conto! E si a princesa xa non quixese ser princesa? E si o lobo atrapase a un neno e o garda forestal fose unha muller? E si a guerreira tivese que rescatar ó príncipe? Cambiamos as personaxes dalgunhas historias ben coñecidas e démoslle un pequeno xiro de guión a outras. Queres saber como queda o conto? Con Filipa e Fran, vas "filipar"!

Programa

Ler Conta Moito, 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral