Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Nadal para bebés: Contos e cantarelas de Nadal. Contos con música. Bea Campos.

Os tres porquiños teñen todo preparado para pasar un Nadal de conto. Pero unha sorpresa inesperada levaraos a protagonizar unha divertida aventura.

Duración: 30 minutos.

De 0 a 3 anos, dous pases: 17.30 e 18.30 h.

Inscrición previa dende o martes 17 de decembro presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Pekecontos

Contos engaiolantes cos que navegaremos polos mares da imaxinación e viviremos emocionantes pekeaventuras. 

Bebeconto con Marisa Irimia para bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. 

A inscrición pódese facer dende o luns 9 de decembro a partir das 9.00h  chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386.

Só se poderán reservar dúas prazas por chamada.

 

 

 

Galego

Por cuatro esquinitas de nada

O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional de Persoas con Discapacidade e na Sala Infantil teremos un contaconto "Por cuatro esquinitas de nada" para a senibilización coa discapacidade da Asociciación de dano cerebral adquirido.

Actividade para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

A inscrición poderá facerse dende o venres anterior nos teléfonos 988 788385 / 386.

Galego

Cardiño Caracol

Os bichiños do bosque saben que non poden atravesar os límites do bosque, pero un día Cardiño achégase á casa dos humanos e...

Para nenos/as de 0 a 3 anos (Familiar)

Duración: 30 minutos

Horario: 18:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Galego

Xiana e a meiga Xela

Conto musicado que narra as historias de Bemol Pequeno.

Que pasou en Bemol Pequeno, que as súas xentes perderon a música e as cancións?

Acompaña a Xiana nesta aventura para descubrilo!

Idade: de 4 anos en diante.

Duración: 40 minutos

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.

Galego

Levántate, Xan!. Felipe Caxoto

É noite na granxa de Xan. Soa un espertador. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar dándolle permiso ao Sol para que apareza detrás das montañas. Pero ese día algo sae mal. O galo non ten forzas para cantar; e se o galo non canta todo o mundo sabe que o sol non se levanta…

Non será que Xan se esqueceu de darlle a cea aos animais antes de ir para a cama a noite anterior?

Duración: 30 minutos.

De 0 a 3 anos, dous pases: 17.30 e 18.30.

Galego

Un paxe real en apuros

"Un paxe real en apuros” tráenos a visita dun dos axudantes das súas maxestades os Reis Magos. Está un pouco alterado porque está pasando por unha das épocas máis complicadas do ano xa que nestes días non hai descanso: envolver agasallos, mirar quen se portou ben ou mal, ler todas as cartas, o atracón de traballo da noite de Reis… Por todo isto o paxe está ao borde do colapso quedándose durmido en calquera esquina e cos nervios a flor de pel.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral