Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos de mouras

Espectáculo que narra historias das mouras, seres máxicos de Galicia que habitan baixo terra ou baixo a auga. Tres irmáns deberán aprender todo sobre elas para non perderse no camiño e descubrir as pequenas cousas que son verdadeiramente necesarias.

No salón de actos. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Pirula e o misterio das abellas

Contacontos e obradoiro de chapas da man da Compañía Garabullos

Obra de monicreques para reflexionar sobre a importancia dos polinizadores no noso ecosistema. Grazas a esta divertida e educativa historia, descubriremos a necesidade de coidar aos nosos amigos os insectos. E para completar a experiencia, tras a función desfrutaremos dun obradoiro onde poderás aprender máis sobre a temática da obra de forma amena e entretida.

No salón de actos. Actividade para público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A pequena Luísa

Queremos presentarvos á pequena Luísa. Unha nena inqueda á quen lle gosta xogar e imaxinar pero, sobre todo, á que lle encanta escribir e tocar o seu violín. A súa vida resulta unha mestura de letras e música.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A fada do saco verde

Erea é unha fada diferente ao resto xa que non posúe poderes máxicos e isto fai que se sinta mal e que o resto de fadas se mofen dela. Pero un día todo cambia cando os seres do bosque técenlle un saco máxico no que pode gardar todo aquilo que manca o mundo e convértese así na fada do saco verde. 

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Bibliocanta

Texto de presentación da actividade

BiblioCanta é a fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ó cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e desfrutan das cancións propostas. Permitindo recuperar e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións transformándose de novo nunha forma de lecer e de expresión.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Entre os 3 e os 12 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

A nena que podía falar cos animais

Texto de presentación da actividadeXeila é unha rapaza que ten unha habilidade especial: Pode falar cos animais. Conversando con eles descubriu cousas asombrosas coma por que o paporrubio ten as plumas do peito desa cor, por que os coellos teñen as orellas longas, ou por que a raposa e lobo non van nunca xuntos. Grazas á nena, coñeceremos todas estas historias e recibiremos visita dalgúns dos seus amigos do reino animal. ProgramaMes do libro 2024Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Conta e canta con Blanca Millán e R. J. Peralta

Texto de presentación da actividadeContacontos musical co escritor R. J. Peralta e a ilustradora Blanca Millán. Os autores de "Estou Ocupado", "As filloas de Manora" e "Acouba Babau", contan e tamén cantan os seus contos para a cativada. Unha actividade dinámica e participativa na que, a través de álbums ilustrados, contamos, conversamos e cantamos sobre temas como as tradicións, o labor dos avós nas nosas familias e a amizade.ProgramaMes dos librosPúblico/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Onde viven os monstros

Texto de presentación da actividadeNesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.ProgramaLer Conta Moito, 2024Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Rosa caramelo e outras historias

Texto de presentación da actividade

Un espectáculo, que lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Artur Trillo, dirixido por Paula Carballeira contaranos as historias de Rosa Caramelo, A historia dos bonobos con lentes, Artur e Clementina, e Unha feliz catástrofe, de Adela Turin.

Programa

Día do Libro

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4-8)

Duración

45 minutos

Sesións

Galego

A bibliotecaria estrafalaria 2.0

Texto de presentación da actividade

Volve Candelaria, a bibliotecaria estrafalaria, a que máis sabe de contos sorprendentes, ás veces soña co París dos surrealistas pois namorou dun dos seus lemas "máis xogar e menos pensar". Outras, soña con ser o Alicia e levar un sombreiro tolo...pero sempre rodeada das historias máis sorprendentes e dos libros máis alucinantes.
Unha brincandeira inolvidable entre libros!

Programa

Abril, mes do libro e a lectura

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral