Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

3 irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos

Texto de presentación da actividade

En moitos contos hai 3 irmás: a maior, a do medio e a pequena, pero en poucos teñen nome, nome propio, e o nome é importante para que se lembren de ti e da túa aventura. En moitos contos hai camiños, a miúdo é un só camiño, pero se hai 3 cada irmá pode escoller o seu propio destino. En moitos contos hai perigos, pero un gran perigo é aquel que deixa pequenos aos outros.

Programa

Programación de animación á lectura para os meses de abril a xuño 2024

Galego

Contos de Magos

Texto de presentación da actividadeContos fantásticos en todos os cales a maxia constitúe o elemento crave do desenvolvemento argumental, onde conviven fadas, meigas e trasnos; feitizos, misterios e emocións. Contos onde a realidade e a maxia xogan xuntas. Paraugas con poderes máxicos, meigas con alerxia á canela, crocodilos que saen ás horas punta da estación de Atocha, e feitizos que, en fin, ás veces saen do revés…Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Estrelas

Texto de presentación da actividadeAvoa, que son as estrelas? Preguntou a nena sinalando ao ceo. O ceo é un espello-dixo a avoa- o que ti chamas estrelas é o reflexo da fogueira pequena que todos levamos no corazón. "Estrelas" é un espectáculo de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e con igualdade plena.ProgramaClub de Lectura Pintor de CastinandePúblico/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Quiquiriquí!

Texto de presentación da actividadeTres historias: Rosa, regresa ao campo da cidade, atopando a felicidade na súa granxa. Ramón, famoso galo da granxa de Rosa, coñecido pola súa valentía e o seu Quiquiriquí!. O seu fillo, Monchiño, enfronta o desafío de seguir o oficio do seu pai, pero hai un problema: ¡non sabe cantar! Unha historia divertida e esperanzadora sobre a necesidade de atopar a nosa propia voz.Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Contos animados

Texto de presentación da actividadeContos, historias dos que sairán os persoaxes para compartir connosco as súas aventuras. Contos animados é un espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, participación, diversión e moito máis.  ProgramaLER CONTA MOITOPúblico/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4 a 10)

Duración50 minutosSesións

Galego

Contacontos sensorial

Texto de presentación da actividadeSesión de contacontos destinada a bebés, e a adultos acompañantes, con ganas de compartir unha experiencia feliz, da man das palabras, as emocións que acompañan as palabras, as cancións, a lectura, os libros,...Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público inquieto, e á vez, ávido de experimentar, de gozar, xunto aos seus seres queridosPúblico/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración30 minutosSesións

Galego

Bibliocanta

Texto de presentación da actividadeBiblioCanta é a fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ó cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e desfrutan das cancións propostas. Permitindo recuperar e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións transformándose de novo nunha forma de lecer e de expresión.Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Contos de trasgos e meigallos

Coñeces ós trasnos que habitan na nosa terra? O trasno Busgoso, cos seus pezuños e cornos de chivo, larpeiro e burlón. O Burleiro, un grandísimo transformista, capaz de adoptar forma de cabalo, becerro ou burra. Os Meniñeiros, cativos e invisibles, coa misión de facer rir ós bebés...

Recuperación de historias e lendas tradicionais galegas recollidas da tradición popular.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos

Galego

Cinco ratiños de conto

Na aldea do queixo fresco os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias; a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato.

Sons e texturas apoian as historias e captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

Para nenas e nenos de 0 a 3 anos (15 prazas)

Duración: 30 min.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na Sala Infantil ou no teléfono 982828329

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral