Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Eu non quero

Contos nos que as protagonistas se revelan ante o que a sociedade agarda delas. De estamentos sociais diferentes semellan iguais na súa loita pola liberdade.

Para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos na ludoteca. Duración: 45 minutos

 

 

 

Galego

Regueifa con Harry Potter

Actividade impulsada polas Regueifeiras da Semente, un grupo de rapazas e rapaces de 9 anos e o seu profesor, Séchu Sende, que queren convidar a máis nenas e nenos e xente nova a coñecer a improvisación oral en verso.

Esta actividade ten como obxectivos vincular a regueifa ao imaxinario literario e cinematográfico de Harry Potter, do que son siareiras; visibilizar a regueifa como vehículo de expresión cultural popular (pop) e protagonizada pola infancia e a xuventude e promover a lingua galega como instrumento de socialización da infancia e da sociedade.  

Galego

Share your Carnival

Actividade en inglés sobre o Antroido. Para xogar e aprender palabras relacionadas con esta celebración.

Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 12:15. Tédeo en conta ao coller a vosa invitación!

Idade: de 4 anos en adiante.

É necesario recoller invitación.

Galego

Contos populares do Xapón

O Festival Atlántica de Narración Oral tráenos contos tradicionais de Xapón. Son de temas e aspectos moi diversos. As tramas van dende campesiños dos arrozais a nobres da corte imperial, de animais e monstros, de dragóns e bolboretas, poéticos e picarescos.

Yoshi interactúa co público transformando as súas palabras nun pincel que ilustra con claridade, humor e sensibilidade as historias e os costumes do país do afastado oriente.

Historias para participar, cantar, rir e emocionarse.

Duración: 45 min.

Idade: de 4 anos en adiante.

Galego

Bebecontos

O Festival Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral chega a Vigo! Momentos de complicidade e sensibilidade cos máis pequenos e pequenas da casa. Historias, nanas, xogos, cantigas e moitos libros.

Contacontos en castelán para bebés de 0 a 3 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Avións de papel

Os contos son como bolboretas, ou mellor, como avionciños de papel…. Hai avións de papel grandes e contos moi longos, hai avións de papel vermellos e contos que falan do amor, hai avións de papel azuis e contos que falan dos soños, hai avións de papel verdes e contos que falan da esperanza…… E todos eses avións-contos van voando cara o seu país, O PAÍS DOS CONTOS.

Duración: 35-40 min. aprox.
De 0 a 3 anos.

Galego

A meniña gaiteira

Espectáculo que xira arredor da vida e obra de Rosalía de Castro, no que se recrea o seu primeiro poemario en galego, Cantares gallegos, de inspiración popular, con música e recitacións baseadas na experiencia de Servando Barreiro como músico e cantor tradicional. 

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral