Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Conto na cuarentena

A Biblioteca está pechada pola cuarentena, pero Raquel Galavís nos deixa este conto para que poidades velo desde o voso recuncho de contos.

A memoria das estrelas: unha viaxe onde nos mergullamos nunha historia interactiva de sons do universo para descubrir como se formaron os planetas e a nosa terra.

Para os cativos de 0 a 3 anos.

Cando abra a Biblioteca teremos máis contos de Raquel na Ludoteca.

 

 

Galego

Storytime for kids

Storytime for Kids é un programa de contos no que Courtney Knight, alumna dos Cursos Internacionais de Español para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela, le libros ilustrados en inglés ou en inglés e castelán.

O propósito deste programa é que os nenos e nenas practiquen e desenvolvan habilidades en inglés mentres gozan de divertidas historias e imaxes.​

Na sesión de hoxe cóntanos dous contos:

Galego

Storytime for kids

Storytime for Kids é un programa de contos no que Courtney Knight, alumna dos Cursos Internacionais de Español para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela, le libros ilustrados en inglés ou en inglés e castelán.

O propósito deste programa é que os nenos e nenas practiquen e desenvolvan habilidades en inglés mentres gozan de divertidas historias e imaxes.​

Na sesión de hoxe cóntanos dous contos:

Galego

"Robinsón e o seu loro"

Fernando Saldaña é, ante todo e, sobre todo, contacontos. Tamén é mago, actor, director de teatro, ilustrador e humorista gráfico. Saldaña ten traballado na radio e en televisións locais, foi deseñador gráfico, locutor, profesor de circo e de programas informáticos... Pero o que máis lle gusta é contar historias. A todos. Para todas as idades: desde os bebés, ata os que hai tempo que chegaron aos cen. Nos seus cofres, baúles e maletas ten contos gardados para todos e cada un.

Galego

" O soño do rato"

Este xoves a sesión de contacontos para bebés ven a cargo de Olga Maria Abad Prieto narradora oral e escritora. Aprendeu a contar contos grazas a paixón da súa familia polas historias e tamén grazas ó seu paso pola cidade de Santiago de Compostela e o seu contacto con artistas da escena galega. Nesta cidade estudaría técnicas de escultura e teatro entre os anos 2006 e 2010. Tras rematar os seus estudos, traballou en varias compañías teatrais como actriz, directora e dramaturga. No ano 2019 publicou as novelas tituladas “Proyecto escritor” e “Futuribles”. Conta contos dende o ano 2009.

Galego

Daniela the Pirate by Susanna Isern

A historia dunha nena que soña con ser pirata no barco máis temible..
Este conto enmárcase no programa de contos Storytime for Kids no que Courtney Knight, alumna dos Cursos Internacionais de Español para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela, le libros ilustrados en inglés ou en inglés e castelán.
O propósito deste programa é que os nenos e nenas practiquen e desenvolvan habilidades en inglés mentres gozan de divertidas historias e imaxes.​
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
Na sala infantil, entrada libre.

Galego

The Far West

O sheriff ten un cabalo que sempre está durmindo. O Gran Xefe atópao e como non sabe que é o cabalo do sheriff, lévao para a súa casa. Cando o sheriff se entera, sae correndo a buscalo.

Quen quedará co cabalo ao final? 

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral