De autor

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Herdeiras Trio

Carmen Penim presenta con Herdeiras un traballo único, que une música, poesía e danza e audiovisual en torno ó tema da memoria das mulleres. Unha valente aposta pola identidade feminina e o rescate de valores como a solidariedade, a conciencia histórica e a reconciliación. Pero a pesar da temática, lonxe de ser un concerto triste, é dunha grande intensidade, vitalidade e emoción. Un verdadeiro camiño dende a escuridade ata a luz. Catarse e esperanza envoltos na mellor música interpretada principalmente por mulleres.

Galego

Pedro Guerra

O cantautor canario Pedro Guerra ofrece un concerto con cancións procedentes dos seus dous últimos discos, ‘Arde Estocolmo’ e ’14 de ciento volando de 14’.

Pedro Guerra, que foi candidato aos premios Grammy latinos no apartado de Mellor Álbum de Cantautor por ‘Arde Estocolmo’, chega ao Teatro Principal dentro da súa exitosa xira ‘Arde y Vuela’ comezada no 2016 que está a levalo polas mellores salas e teatros de toda España.

Galego

Paco Ibáñez

Vestido de negro, guitarra en man e rodeado de excelentes músicos, sobre un escenario de bela e sobria escenografía, Paco Ibáñez regala cancións de amor, de puro existencialismo, de loita e resistencia, envolvidas nos ritmos dos instrumentos e a forza da poesía. A súa voz abre para todos e todas unha porta misteriosa e secreta, a silenciosa e cegadora entrada cara á poesía.

Concerto dentro da programación da Semana de poesía salvaxe de Ferrol

Galego

Sofía Espiñeira

Músicas que saen de dentro e de fóra, de sentimentos polos que a vida nos leva e de anécdotas e situacións da cotidianeidade. Entre íntimo e público, entre raibas, dores, alegrías e risas, Sofía Espiñeira irá mudando as emocións e as historía ó tempo que mudan os tirmos da súa guitarra, mergulando ó público nun sentir común. 

Galego

Sheila Patricia Sóa

Sheila Patricia é unha destacada cantante e compositora galega que conquistou miles de ouvintes tanto en España coma en Latinoamérica e o norte de Portugal coa súa fermosa voz.

Actualmente percorre diferentes e variadas cidades presentando o seu disco "El camino de los sueños" e o adianto do seu próximo traballo íntegramente en galego.

Galego

Estou Lá

Xoán Curiel e Sergio Tannus presentan esta proposta a dúo con cancións do vindeiro proxecto de Xoán Curiel, Estou lá. 

Dúas voces e por outra banda: guitarras españolas, unha guitarra eléctrica, viola caipira ou cavaquinho, son os instrumentos desta proposta acústica.

Espectáculo musical dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

 

Galego

Xardín desordenado

O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está adicado exclusivamente a mulleres.

Desde a máis veterana Rosalía ata a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que nárrase neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - De autor