De autor

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Secho en concerto

Nestes tempos onde revisitamos as nosas prioridades, a música emerxe como esa compañeira necesaria que pon banda sonora as nosas biografías. Nela escollemos as coordenadas que constrúen memoria, sentimentos, sensacións, fuxidas, soños e tamén as outras vidas que decidimos non vivir. A soidade mírase elegante nos seus acordes, sinalando un antídoto en cada abstinencia. Para que todo isto pase, alguén ten que rexistrar o son e, nese facer, achegar honestidade, paixón e unha voz propia. 

Galego

O que levamos nas maletas

O que levamos nas maletas é un percorrido musical e lúdico centrado nas últimas cancions de Magín Blanco. Das súas maletas van aparecendo elementos ( titeres, libros, bonecos, ferramentas, instrumentos de percusion etc..) que introducen cada canción e convidan a interactuar nesta achega para convertila nunha festa onde todos poidamos sentirnos integrados e participes.

Galego

David Prado en concerto

Un repaso en formato acústico, dos temas do seu último disco Unha Viaxe Perfecta, no que engloba os puntos cardinales do amor, a felicidade e o desamor.

Con él percorreu salas de renome de todo o país como Liberdade 8, Buho Real, Fulanita de tal, Contraclub en Madrid, Salga Bikini, Sala Fizz, L 'Oncle Jack, en Barcelona. Festivais como Santiautor, Caudalfest, Muzzicafest...

Galego

Como montar a túa banda de verán

Neste contacontos musicado, Xoán Curiel narra a súa propia experiencia naquel verán no que decidiu montar a súa propia banda de música "A banda do verán".

Os rapaces e rapazas asistentes participan activamente sendo invitados a, tamén eles, imaxinar que poden montar a súa propia banda, compoñer e crear as súas propias cancións. Un espectáculo moi participativo onde se mesturan a palabra contada e as cancións con elementos teatrais e de clown.

Esta proposta ten participado nestes últimos anos en diferentes programas de normalización lingüística por toda a nosa xeografía.

Galego

Hijas de Galicia, Macorinas 

Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago ?Pello?, natural de Castrelo de Val, e Fran Naveira, orixinario da Coruña. Trátase dun traballo que conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba, establecendo analogías con situacións que suceden na actualidade con migrantes en diferentes partes do mundo.

Galego

Concerto do Dúo Feminino Plural

 O Museo celebra o Día Internacional da Muller (8 de Marzo) co concerto do Dúo Feminino Plural.

Conforme á normativa sanitaria vixente a capacidade do auditorio é reducida polo que é necesario formalizar unha inscrición no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal. Só poderán acceder ás actividades aquelas persoas que teñan confirmación de reserva, esta será realizada por estrito orde de chegada.

Galego

Longa noite

Anxo regresa ao seu pobo natal na zona rural de Galicia. Alí atópase co rancor tanto de gañadores como de vencidos, quen lle ve en perigo de profundar en memorias que crían esquecer.

Galego

Sheila Patricia en concerto

Facendo unha simbiose co Camiño de Santiago, Sheila Patricia fai un percorrido por diferentes espazos máxicos galegos, así coma diferentes épocas da nosa terra, as profesións máis característica e ou papel dá muller na sociedade galega, especialmente rural.

Sheila Patricia, a voz da nova canción de autora en Galicia, integra os ritmos e sons máis actuais, coa música do acerbo cultural galego.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - De autor