De autor

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Sala Fernando Rey: Mañá

Que pasaría se mostrar solucións ou contar historias que fan o ben fose a mellor maneira de resolver os problemas ecolóxicos, económicos e sociais? Seguindo a publicación dun estudo que anunciaba a posible desaparición de parte da humanidade de aquí a 2100, Cyril Dion e Mélanie Laurent propuxéronse, xunto a un equipo de catro persoas, iniciar a súa propia investigación en dez países para pescudar que podería estar a provocar tal catástrofe e, sobre todo, como se podería evitar.

Galego

Recital de Lúa Mosquetera

 Lúa Mosqueteira, unha moza de Miño (A Coruña). Escribe versos aparentemente contraditorios para quen a desaprueba. Pero perfectamente ensamblados para os seguidores que lle confesan que, léndoos, senten benestar.

O seu novo libro titúlase Aínda que sexas rara e sexas paxaro

Poderémola escoitar nos múltiples recitais que ofrece.

Adóitana presentar como poeta feminista. «Bendito encasillamiento», di.

Galego

Concerto de Irene Caruncho

Caruncho, que reside en Ferrol, fala da súa vila natal, di que hai unha na "cultura musical” da que ela se empapou.

Despois de participar nun concurso de talentos manifesta que foi divertido e que aprendeu moitas couas,  pero valora que o tempo pasa e troca a forma de ver a música.

Galego

Cineuropa 2021 - Narciso em Férias

O 13 de decembro de 1968, a ditadura militar brasileira aprobou o quinto acto institucional. AI-5, como se coñeceu, marcou o inicio da fase máis represiva e violenta do réxime. Catorce días despois foi detido o cantautor Caetano Veloso. Tiña 26 anos e foi sacado da súa casa en São Paulo por axentes vestidos de civil que se negaron a dicirlle o porqué da súa detención. Levado a Río de Xaneiro, pechado en illamento durante unha semana e logo trasladado a outras celas, sufriu a proba máis grande da súa vida. En total, estivo na cadea durante 54 días.

Galego

Concerto de Abraham Boba

Abraham Boba é o pseudónimo que David Cobas (Vigo, 1975) utiliza desde fai máis dunha década para asinar todos os seus traballos relacionados coa música. Tras unha primeira etapa autodidacta na que pasa por diferentes cidades e proxectos musicais (desde bandas de rock a experimentais como o dúo Belmonde) decide mudarse a Barcelona onde cursa estudos de piano,  composición e arranxos orquestrais. É alí onde publica o seu primeiro disco en solitario, baixo o nome e título de Abraham Boba (2007).

Galego

Benedetta

Trátase da adaptación cinematográfica da novela de Judith C. Brown e conta a historia dunha monxa que vive en Italia a finais do século XV. A súa vida tranquila vese perturbada por unha serie de visións tanto relixiosas como eróticas. Despois de unirse a un convento, comeza unha relación romántica con outra das monxas que residen nel.

Galego

Curtocircuíto 2021: Pulsar 3 | Caroline Poggi & Jonathan Vinel

Bébé Colére
Un neno animado con CGI enfróntase á subxectividade moderna e aos problemas da perda da inocencia no mundo, ao mesmo tempo que fai da animación unha ferramenta sombriza para someter os sentimentos narrativos modernos á desesperación e á esperanza microdosificada. As rutinas baseadas na animación e no retrato doado da desolación organízanse estratexicamente como un sombrío dark toon.

Galego

Se as árbores falasen

Élenco: Iseo Agilda

Se as árbores falaran...

Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar por que a fraga conseguíu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán quen llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse a terra queimada. Unha lección que nin ela nin o resto da xente da vila esquecerá nunca, pois descubrirán a ledicia e a responsabilidade que supón Ser Terra.

 

Galego

Ciclo realidades agochadas: El camino

El camino é un documental que explora a realidade da migración. Con testemuños en primeira persoa de migrantes que cruzaron o mediterráneo, o filme explora os problemas de orixe e os medos e esperanzas que levan ás persoas a atravesar o deserto e o mar para chegar a Europa. Un documental coral que une tamén as voces dos que traballan no mar rescatando persoas e dos que acollen no continente europeo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - De autor