De autor

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Encontro con Ivet Núñez

“Lugo no está muy explotada como escenario de novelas y se presta muy bien para el thriller”

Esta xornalista catalá pero con raíces lucenses vive en Lugo e acaba de presentar o seu último libro, unha novela negra titulada “Tras la niebla”.

Falaremos con ela dos seus libros – éste é o terceiro -, de Lugo, da escrita, do éxito da novela negra e de moitas outras cousas relacionadas cos libros e a lectura.

Hora: 20 h.

Duración: 50-60 minutos

Salón de Actos da biblioteca (ata completar capacidade)

Galego

Encontro con Francisco Narla

Nado en Friol (Lugo) e con 10 títulos dados xa ao prelo, Francisco Narla é un recoñecidísimo autor de novela histórica -  de feito ten o Premio Edhasa de Novela Histórica por “Laín. El bastardo” – aínda que non é o único xénero que cultiva.

Neste encontro trataremos de saber algo máis sobre a súa escrita, a súas musas, as súas manías e todas esas cousas que o público desexa preguntar (por exemplo, polos seus autores favoritos) e nunca ten a oportunidade para facelo.

Hora: 20:00 h.

Duración: 50-60 minutos.

Salón de actos (ata completar capacidade)

 

Galego

Encontro con Carolina Rueda : Gentes, caminos y sucesos

O centro deste repertorio é a viaxe, sexa física ou interior que nos leva ao encontro con outros e outras sexan persoas, culturas ou costumes.. Non está sempre o mesmo repertorio pero conserva a estrutura xeral dun conto da tradición oral sexa africano, americano ou asiático.

“Gentes, caminos y sucesos”, é un conxunto de historias nas que segundo as condicións da actuación mesturánse relatos baseados no encontro, a creación e a aventura. A viaxe en calquera vida é un evento extraordinario que nos impulsa á sorpresa e ao desfrute.

Galego

Nómade Dúo

Rosa Cedrón presenta Nómade, un caderno de bitácora que describe as luces e sombras percorridas nunha travesía cara ao máis profundo da identidade propia.

Gravado en casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío e o selo inconfundible de Sergio Moure de Oteyza, Nómade é o terceiro traballo en solitario da artista que, acompañada das súas xa incondicionais Javier Cedrón e Miguel Arthus, bríndanos o resultado dunha viaxe sonora que parte da escuridade das tempestades á serenidade do albor que fortalece, aliviando as feridas pasadas e sanando as presentes.

Galego

DES A MAR Ultrasónico

DIÁLOGOS DE VERSOS E NOTAS desamar Ultrasónico

É un recital poético e musical no que o compositor Álvaro Iglesias recrea en notas musicais os poemas da escritora Elba Pedrosa.

Un espectáculo orixinal no que as palabras en fusión coas notas viaxan nunha dimensión ultrasónica que en apariencia pode semellar imperceptible para o ser humano.

Pero a fondura da mensaxe, ese estado tan coñecido do desamor, latexará no espectador en cada minuto que dura a obra escénica.

Galego

Dark Waters

Inspirada nunha impactante historia real. Un tenaz avogado (Mark Ruffalo) descobre o escuro secreto que conecta un número crecente de mortes e enfermidades cunha das corporacións máis grandes do mundo. No proceso arrisca o seu futuro, o seu traballo e ata a súa propia familia para sacar á luz a verdade.

Galego

O imperio da luz

O gañador do Oscar Sam Mendes conta a historia de Hilary, a encargada dun fermoso e antigo cinema situado na costa sur de Inglaterra. Cando Stephen chega como novo empregado, os dous conectan de inmediato.

Galego

Close

O filme explora a estreita amizade entre dous rapaces de trece anos, Léo e Rémi, en plena transición cara a adolescencia. Tratando de entender o que foi mal entre ambos, Léo buscará consolo e comprensión na nai de Rémi, Sophie. Producirase unha viaxe de perdón, vulnerabilidade e amor.

Galego

Mulleres do século XX

A finais dos anos 70, tres mulleres exploran o amor e a liberdade en California á vez que un adolescente experimenta o paso á madurez rodeado por estas mulleres, a súa nai e dúas amigas, que lle marcarán para sempre. O ano é 1979. En Santa Bárbara, Dorothea Fields (Annette Bening) é unha enérxica muller solteira e cuxa maior preocupación é a educación do seu fillo de 15 anos, Jamie (Lucas Jade Zumann), nunha época de rebelión e pleno cambio cultural.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - De autor