Xoán Curiel
Xoán Curiel presenta en Espazos Sonoros Novas, onde se enfronta a temas inéditos e versións de vellos temas seus cun formato musical diferente, sen percusión e con bases electrónicas. A través das súas cancións, Curiel transmite sensibilidade e poesía a través dun discurso propio e crítico para facer unha lectura artística de denuncia dos problemas que ameazan a sociedade contemporánea, desde unha perspectiva fresca e optimista.
Galego