De autor

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Marwan

Marwan conseguiu converterse, grazas ao boca a boca, nun dos cantautores máis recoñecidos do circuíto de salas de España con cheos de ata en todas as cidades e cuns números espectaculares tamén nalgunhas cidades de Latinoamérica a pesar de ser un artista independente sen axuda de ningún selo discográfico.

Galego

Franco Battiato

Franco Battiato forma parte do selecto grupo deses artistas que congregan nas primeiras filas a varias xeracións de seguidores; os que o seguen dende hai cinco décadas e tamén modernos e amantes da música actual alternativa que o veneran con fervor.

O cantautor Franco Battiato soubo rodearse de bandas de rock indie e artistas novos que, sen dúbida, lle serviron para lograr ese público tan heteroxéneo, ademais da calidade e atemporalidade das súas composicións.

Galego

Concerto de Vaudí Calvancanti

Un poco de ti... o novo proxecto de Vaudí reúne once cancións de Víctor Manuel filtradas a través da música brasileira. Bossa, jazz e música popular brasileira para reinterpretar éxitos como Nada sabe tan dulce como su boca ou Solo pienso en ti nun disco co que Vaudí Calvacanti (músico orixinario de Pernambuco) tamén quere homenaxear a terra asturiana que o acolleu con agarimo xa hai máis de vinte anos.

Galego

Concerto de Quique González

Unha xira moi especial durante a que actuará en teatros e salas de aforo reducido sen máis compañía que a da súa guitarra e a súa harmónica.
"Carta blanca" é o título dunha proposta no que o repertorio cambiará cada noite… Unha actuación en acústico hai uns meses en Málaga que se prolongou durante máis de tres horas atendendo as suxestións dos asistentes foi a inspiración para esta xira.

Galego

Concerto do solista Querido Extraño

Querido Extraño é o alter ego de Rusty James, alter ego a súa vez de A.Delgado, baixista de Los Villanos de Boraville, e cantante e guitarrista de Doble Morgan. Neste personaxe conflúen os estilos que sempre lle influiron (50’s, 60’s, 70’s, Rock, Country, Swamp, Surf, Pop, Folk, Blues…) pasados polo seu filtro personal e presentados en directo en formato acústico, axudado simplemente de guitarra e armónica, abordando temáticas fronteirizas, bíblicas, románticas, terroríficas e mortuorias. Todo dende o punto de vista do eterno adolescente.

Galego

Concerto de 2naFronteira

'Todas as mañás de maio' son composicións orixinais de Carmen Penim (voz, harmonio) e Maurizio Polsinelli (piano, harmonio) para poemas de autores que foron Letras galegas: Rosalía, Díaz Castro, Paz Andrade, Uxío Novoneyra, X.Mª. Álvarez Blázquez, Blanco Amor, Bouza Brey e tantos outros.

Galego

Concerto de Funambulista

Funambulista é a banda liderada polo murciano Diego Cantero, un dos novos autores e intérpretes máis recoñecidos do país.

A súa traxectoria musical iníciase fai máis dunha década desde entón publicou tres discos en solitario, ata que en 2010 lanza o seu primeiro álbum baixo o nome de Funambulista.

Galego

Concerto de Luís Ramiro

Luís Ramiro é un dos novos artistas con máis proxección do noso panorama nacional. Fusiona rock, pop, reggae, rumba e country cunha calidade letrística intachable.
Luís Ramiro gañouse por dereito propio o ser un dos referentes da nosa música de autor española.

Galego

Concerto de Paco Cifuentes

Paco Cifuentes presenta o seu novo formato. Xuntouse nos úlitmos meses con dous grandes artistas como son Montoto á guitarra e Iris Azquinecer ao violoncello.
Unha proposta que de seguro non deixará indiferente a ninguén.
Contará como artista convidado co artista lucense Vizcaíno.

Galego

Concerto de Victoria Riba

Mírame é unha colección de 12 cancións, case todas elas compostas pola propia Vitoria, dominadas pola súa excepcional voz, a súa creatividade ao piano e a súa contaxiosa sensibilidade, unha descarga lírica e dance ao mesmo tempo que a consagra como unha das grandes promesas da música feita en España.

Xira a cantautora dentro dos Escenarios Dial.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - De autor