De autor

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Pez Mago

Pez Mago  é o novo proxecto do compositor e cantante Lucas Álvarez de Toledo.
Lucas ten cinco discos editados en España ao longo da súa carreira, un deles en Arxentina e Uruguai.
Escribiu cancións (música e letra) para artistas de estilos moi diferentes ao seu, como Raphael, Mónica Molina, Clara Montes, Sergio Dalma ou Malú.

 

Galego

César de Centi en acústico

Concerto en acústico con cancións de corte intimista e con carga poética que recolle unha amalgama de estilos. Espectáculo aparentemente simple que busca proximidade e participación co público. Música de autor actual sen deixar de lado referencias a autores clásicos do xénero. A conversación co público empeza coa presentación con certa ironía dos temas. Cancións sen trampa ni cartón, directas e sostidas por unha voz con moita presencia e personalidade.

 

Galego

Xardín desordenado

O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está adicado exclusivamente a mulleres. Dende a máis veterana Rosalía ata a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que nárrase neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.

Esta actuación forma parte da programación da Rede galega de música ao vivo. Pode sufrir modificacións, confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Concerto de El Chivi

José Francisco Córdoba, máis coñecido como CHIVI, revolucionou o panorama musical en 1996 co lanzamento, de forma gratuíta e a través da crecente rede P2P, do seu primeiro traballo discográfico "Grandes Fracasos", que a pesar de ter uns medios precarios na súa gravación, obtivo grande éxito grazas ás súas desenfadadas e salvaxes letras.

Galego

Querida alegría

Espectáculo íntimo pero intenso dun dos cantautores galegos con máis proxección na actualidade.

Título que fai referencia á súa canción Querida alegría do seu primeiro disco do ano 2000, coa que gañou os premios nacionais de Cantigas de mayo (Ceutí-Murcia 2004 ) e Jóvenes cantautores de Elx ( 2006 ), cantando sempre en galego.

Galego

Ten Dez

Ten Dez é o título do primeiro disco en solitario de Javier Marcos, grabado a quinteto con Rosolino Marinello nos saxos e clarinete baixo, Felipe Villar na guitarra, Jose Manuel Díaz no contrabaixo e Max Gómez na batería.

Ten Dez é unha compilación de standards e outras cancións de autor cantadas en inglés e galego-portugués.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de música ao vivo onde ten lugar.

Galego

Pendanca e oso, un espectáculo de Aldaolado sobre o amor

Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no seu novo espectáculo, poñéndolle moita música e moito humor ó amor máis romántico e ó amor máis miserable.

Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é Pendanga e oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade.

Galego

Caxade

Folk-Pop de autor cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.
"Premio Opinión" ao Mellor Artista, gañador do "Música Xove", tivo unha nominación aos Premios Mestre Mateo 2013 (mellor video clip) , dous nomeamentos aos Premios Opinión 2013 (mellor disco e mellor artísta), aos Premios Galegos da Música e aos "Premios de la Música Independiente".

 

Galego

Concerto de Daniel Calá

Artista, músico, compositor e intérprete de música suramericana en xeral e arxentina en particular, empresario do espectáculo, editor da revista "O Recuncho dos Artistas", fotógrafo aéreo e artístico, paracaidista e piloto privado.
Naceu en Buenos Aires, Arxentina. En xaneiro de 1983 radícase en Vigo, onde combina as súas actuacións coa actividade empresarial e traslada toda "a maxia" das salas de Madrid á cidade galega.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - De autor