De autor

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Emilio Rúa en concerto

Espectáculo íntimo pero intenso dun dos cantautores galegos con máis proxección na actualidade. Gañou os premios nacionais de Cantigas de mayo ( Ceutí-Murcia 2004 ) e Jóvenes cantautores de Elx ( 2006 ),cantando sempre en galego.
 
Trátase dun repaso aos seus cinco discos editados polo de ágora durante 15 anos de carreira discográfica e dun percorrido musical a través das cancións xa publicadas  e de temas populares da cultura galega, reinterpretados dunha forma personal e festiva ademais de poemas de grandes e clásicos autores da poesía galega.
 

Galego

Presentación do disco Virada por Avante

Xosé Constenla presenta o seu cuarto traballo discográfico, titulado Virada por Avante, cun concerto especial no que o autor ofrecerá as súas cancións unicamente acompañado polas súas guitarras e as súas historias contadas dun xeito íntimo na súa voz. 

En Virada por Avante atopamos claras influencias do folk-rock americano, de James Taylor a Ray Lamontage, xunto coa corrente iberoamericana de canción de autor, como sinal de identidade deste músico compostelano.

Galego

Estou Lá

Xoán Curiel e Sergio Tannus presentan esta proposta a dúo con cancións do vindeiro proxecto de Xoán Curiel, Estou lá. 

Dúas voces e por outra banda: guitarras españolas, unha guitarra eléctrica, viola caipira ou cavaquinho, son os instrumentos desta proposta acústica.

Galego

Xardín desordenado

O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está adicado exclusivamente a mulleres.

Desde a máis veterana Rosalía ata a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que nárrase neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.

Actuación dentro do progama de Cultura no Camiño.

Galego

Concerto de Antón Valcarce

O único cantante galego que gañou tanto o Centolo de Ouro como o de Prata no prestixioso certame de folk do Grove alá polos anos 70, onde competiu con Xocaloma e Suso Vaamonde. Coñeceu a Picasso, tocou no metro de París e participou como guitarrista en varias gravacións de Georges Moustaki. Foi considerado nese momento como un dos máis brillantes cantautores galegos. Recoñece ser o autor da nova canción galega máis descoñecido.

Galego

Concerto de La Bien Querida

La Bien Querida é o nome artístico baixo o que Ana Fernández-Villaverde desenvolve a súa carreira musical. Dedicada á pintura, decide iniciar en 2007 a súa traxectoria no mundo da música animada polo líder dos Planetas. Nese mesmo ano grava a súa primeira maqueta que foi elixida mellor maqueta do ano pola revista Mondosonoro.
A partir de aí comeza realizando actuacións e colaboracións ata que en 2009 publica o seu primeiro LP. Seguiu gravando LP's intercalando algún EP e mesmo singles, ademais de colaboracións en traballos doutros artistas.

Galego

Concierto de Javier López de Guereña

Javier López de Guereña, nace en Bilbao e reside en Madrid, é un dos máis relevantes guitarristas, compositor e produtor da escena musical española desde os anos 80's.
No 1979 ao rematar Bioloxía comeza a dedicarse máis profundamente á música ata que no 1983 pasa a ser a súa dedicación exclusiva. De formación autodidacta centrou parte da súa actividade no jazz.

Galego

Concerto de Xosé Constenla

Xosé Constenla Vega, nado en Santiago de Compostela é un xeógrafo e cantautor galego. Como xeógrafo ten publicado traballos e artigos en revistas nacionais e internacionais ademais de adicarse á docencia.
No tocante á súa carreira musical ten publicados xa varios traballos, Quen fixo berrar ao silencio (2005), Olladas dun entusiasta (2008), Sinecismo.Xosé Constenla ao vivo (2013) e Virada por avante (2015).

Galego

Concerto de Ricardo Ferreira

Ricardo Ferreira é un compositor, músico e guitarrista brasileiro afincado en Pontevedra. Colaborador asiduo de diversos músicos e formacións de múltiples estilos musicais tamén desenvolve desde 2015 un proxecto en solitario gravando en estudo tanto versións como composicións propias. Neste traballo conta con pequenas colaboracións de músicos e compañeiros cos que habitualmente comparte escenarios.

Galego

Fredi Leis

Fredi Leis é un intérprete, músico e compositor compostelán que desde pequeno empeza a tocar o piano de maneira autodidacta. Comeza a compoñer cancións e decide subilas á plataforma Souncloud onde, en pouco tempo, consegue miles de escoitas. Percorre salas e teatros do circuíto nacional de cantautores.
En novembro de 2015 estrea o seu primeiro EP titulado Días Grandes, este traballo está composto na súa totalidade polo artista e nel contou con Ismael Guijarro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - De autor