De autor

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Antílopez

Antílopez é un dúo de artistas onubenses, Miguel e Félix, cun novo concepto de canción de autor. Son compositores e intérpretes das súas creacións e espectáculos, cuxa escena é representativa por un toque de post-humorismo. Algúns medios denominárono como "un gen Globetrotter en su música". Un aire desenfadado dentro do virtuoso, próximo e sinxelo dentro do poético, ao que aplican con comicidade unha extensión do que son abaixo do escenario: divagacións, construción e deconstrución de personaxes, improvisación, crítica social e emocional e interactuación co público nos seus directos.

Galego

Concerto de Rita Braga

Rita Braga é unha cantante e compositora lisboeta que posúe un repertorio de múltiples estilos que abarca o folk de raíces europeas, o jazz dos primeiros anos ou a música clásica, todos eles tamizados polo son do seu ukelele e a súa singular voz.

Galego

Concerto de Serrat

De pai catalán e nai aragonesa creceu no barrio obreiro do Poble Sec.
O 18 de febreiro de 1965 estréase con algunha das cancións que escribira no programa de Escamilla Radioscope, de Radio Barcelona.  Incorpórase de inmediato a Els setze jutges, un grupo heteroxéneo de xente que escribía e cantaba en catalán. Os seus primeiros discos, en 1965 e 1966, foron un par de E.P. de catro cancións cada un.
Para celebrar os 50 anos que transcorreron desde entón prepara unha antoloxía moi persoal seleccionando 50 cancións e regrabando a maioría con gran abundancia de dúos.

Galego

Concerto de Rubén Atarbe

Rubén Artabe (Ferrol, 1980) inicia a súa carreira musical nos anos 90, formando parte de diferentes grupos de rock da súa cidade natal, onde desenvolve labores de guitarrista, composición e letrista. Durante aqueles anos  integra outras formacións, como as compostelás Neusia ou Fakir. Xa no ano 2013 a súa vida creativa dá un envorco e comeza a andar o seu propio camiño como solista, sen descoidar as colaboracións.

Galego

Concerto de Matthew Mutch

Cantante e compositor canadiano, Matthew Mutch naceu en Hamilton (Ontario). As súas cancións son resultado das súas moitas peregrinacións polo Camiño de Santiago.
Matthew camiña só. A súa guitarra é a súa compañía. Escribe sobre o que ve, o que se atopa e, por suposto, sobre o que sente. As súas composicións son ricas en pensamentos de amor, medo, tristeza, alegría e un interminable sentido de admiración. 
Entre os seus discos inclúense os inspirados no Camiño: "Walkin' the Way of St. James" e "Steeltown Pilgrim", que preceden ao seu primeiro disco "Enter".

Galego

Concerto de Rafael Amor

Rafael Amor nace en 1948 en Buenos Aires (Arxentina) no seo dunha familia de artistas, co que a súa infancia transcorre nun espazo de creatividade. Xa desde neno mantén contacto co público e isto xunto coa guitarra paterna vai ir forxando a súa personalidade. Tras a súa estancia en Valle Hermoso regresa de novo a Buenos Aires. Comezando a súa mocidade relacionarase e coñecerá a outros importantes artistas arxentinos e formará parte do grupo folclórico Los Norteños, participando en diversos festivais.

Galego

Concerto de Palito

Desde 2011 dáse a coñecer por todas as salas e vilas de Galicia acompañada pola guitarra e experiencia de Zahori (Javier López de Guereña) e con manoxo de cancións cheas de frescura e enxeño. 
A choiva compostelá baixo a que reside a cantautora pontevedresa inspiran as súas húmidas letras, empapadas de frescura e sorna.

 

Galego

Concerto de Pablo Alborán

Cunha sorprendente posta en escena e calidade no espectáculo, esta nova xira significa un enorme avance cualitativo e un esforzo do artista para ofrecer o mellor e máis novo aos seus fans. A xira significa tamén o regreso do cantante e compositor malagueño aos escenarios españois para presentar as cancións de TERRAL, disco máis importante e completo da súa carreira co que se encontra no máis alto das listas de vendas, conseguindo xa o Dobre Disco de Platino.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - De autor