Caxade
Folk-Pop de autor cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.
"Premio Opinión" ao Mellor Artista, gañador do "Música Xove", tivo unha nominación aos Premios Mestre Mateo 2013 (mellor video clip) , dous nomeamentos aos Premios Opinión 2013 (mellor disco e mellor artísta), aos Premios Galegos da Música e aos "Premios de la Música Independiente".