Concerto de Pepe Piña
Nacido en Laxe, iníciase en solitario en pubs en Santiago combinando cos estudos. Fundador do grupo Semen-up con Alberto Comesaña, Tino López, Jorge do Rio e Quique Magán en Lugo en 1982. En 1989 forma con Chiruca Gómez, Antón Campelo, Ezequiel Orol, Quique Magán e Javi teclas o grupo O Carro que se disolvera anos atrás con Pedro Vila, dándolle un perfil distinto ao orixinal ao incorporar bateria, teclado, baixo e guitarra eléctrica. En 1992 forma con Alfonso Branco e Emilio Huete o grupo Haceros del norte tocando en pubs.