Seso Durán
Concerto musical en Cangas, Pontevedra.
Concerto musical en Cangas, Pontevedra.
Música: Olga Brañas
Arranxos: Pedro e Pablo Pascual (Marful)
No espectáculo somos sete músicas (Lorena Sotelo VOZ, María Blanco VIOLINO, Olalla Rodríguez CLARINETE, Olalla López SAXOFÓN, Olga Brañas PIANO E PANDEIRETA, Raquel Huete TUBA E BAIXO e Marta Figueiredo PERCUSIÓN).
Na actualidade estamos gravando o noso primeiro disco no estudio A Ponte (Tomás Ageitos), que presentaremos na primavera da man da Editorial Galaxia.
A Musicleta transfórmase nun escenario a pedais adicado aos músicos, unha plataforma sobre rodas en movemento, onde poder presentar espectáculos musicais variados dende outra perspectiva, coa idea de chegar a moitos recunchos e satisfacer a público de todas as idades.
Interpretarán pezas populares nun pasarrúas inesquecible, animando aos presentes a cantar e dar uns paseos. Un home orquestra con percusión, acordeón, serrucho e game boy fan dá Musicleta unha festa na rúa animando as vilas con música e humor.
Xoán Curiel e Sergio Tannus presentan esta proposta a dúo con cancións de Xoán Curiel.
Dúas voces e moitas cordas: guitarras españolas, guitarra eléctrica, viola caipira, cavaquinho, son os instrumentos desta proposta acústica e persoal.
Acompañaranse do percusionista Carlos Freire e dunha voz convidada para unha colaboración.
Concerto de Paloma Suanzes cos seus arranxos de música folk, guitarra e voz en acústico que non deixarán indiferentes ao público.
June é unha nena cunha imaxinación desbordante, á que lle gusta crear parques de atraccións imaxinarios, máxicos. Ela debúxaos, imaxínaos, pero pode un parque de atraccións creado coa imaxinación converterse en realidade? Esta nena optimista e imaxinativa será a creadora dun parque no que vivirá asombrosas aventuras xunto ao oso azul Boomer, a xabaril Greta, os castores Gus e Cooper, o chimpancé Peanut e o puerscospín Steve.
Sheila Patricia e Mauricio caruso reúnense para mesturar ritmos do Brasil e de Galicia.
Unha proposta acústica, íntima e moi elaborada.
Telonear a Jorge Drexler en Pontevedra, a súa cidade natal, cámbialle a vida.
César Morán Trío é unha formación musical hoxe constituída por César Morán (voz, guitarra e piano), Pablo Morán (guitarras, ukelele e baixo) e Humberto Morán (viola braguesa, guitarra acústica e percusións).
O grupo fórmase co obxectivo de levar ao directo os discos Haberá Primavera (2011) e Río de son e vento (1998), e especialmente os novos temas ainda inéditos que conformarán os próximos traballos discográficos.
Tras o seu paso polo Luar, Aldaolado reflexionan sobre as virtudes e baixezas da fama. E que mellor lugar para facelo que sobre os escenarios e con este novo espectáculo onde as poetas se reinventan a si mesmas, airean as súas vergoñas antes de que o fagan nas revistas de papel cuché e comparten cos asistentes os poemas que as sacarán de pobres e aqueles que merecen os máis escuros agochos.