Cinema mulleres: Onde máis doe + La cuarta ola
Onde máis doe, de Manane Rodríguez (2022, 65′) Longametraxe documental de ficción sobre a violencia vicaria. Nel a cineasta reflexiona sobre o chamado síndrome de Medea, que se manifesta cando unha ou un dos proxenitores lles arrebata a vida ás súas fillas e fillos como instrumento de poder para vingarse da súa parella.