Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Encóntame o Nadal!

Con camelos ou con renos, con mazapán, chocolate ou turrón, con remendos e castañas, con calcetíns cheos de agasallos ou zapatos repletos de carbón.

Vaia neve, chuvia ou sol... Encóntame o Nadal!!!

Para nenas e nenos de 4 a 8 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Nadal

 O Nadal é o final dun ano. Unha etapa máxica. Unha festa cálida na que pode acontecer calquera cousa... 

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O xoven apalpador

Aquí está, xa chegou o xoven Apalpador, acompañado da súa vaca Courela. Fillo, neto, bisneto de apalpadoras e apalpadores viaxa desde o cerne da Serra do Caurel para contarlles ás nenas e aos nenos historias e contos con música, poemas e cantigas, sobre os tesouros da nosa terra, da necesidade de coidar a natureza, respectar os bosques, ríos e regatos e de levar unha alimentación sa.

Galego

A maxia da ciencia

 A maxia e a ciencia fúndense para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento.

Actividade visual e didáctica sobre química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos, descubrimentos e inventos.

Vén coñecer a posibilidade e perspectivas de chegar a ser un verdadeiro científico!

Para público familiar. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contando coa ciencia

A ciencia está presente no noso día a día e tamén nos contos. Neles aprendemos que se xuntamos dúas cores primarias conseguimos unha nova cor, pero se xuntamos auga e aceite non poderemos mesturalos. Ven escoitar os nosos contos de ciencia. 

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de hai moito, moito tempo

 Hai moito, moito tempo, os pastores convertíanse en reis, os paxaros podían falar, había cabalos voadores e sementes que brotaban en menos dun día... Eran tempos de encantamentos e feitizos onde non había imposibles. Hoxe tamén é tempo de maxia e contos. 

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Trick or treat

Queres ir a unha festa de Halloween? Por que non ves á casa de Mrs Hallows? Ven chamar á súa porta con nós e descubrirás por que dicimos Trick or Treat en Halloween.

Mrs Hallows necesítache para que a axudes a escarmentar un visitante non desexado cun bo susto.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Contando en feminino

Achéganse historias contadas desde a perspectiva de xénero para concienciar ao público infantil. Historias nas que o rol feminino non sexa o tradicional. Xogando e contando apréndese a formar en igualdade.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos