Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Entroido nas Traxugas

O Entroido é unha época de risa, festa e xogos coas máscaras. Dende a tradición ata a actualidade, contando con animais, con nenos e nenas, con elementos máxicos e con moita imaxinación, abordaremos unha festa onde case nada será o que parece. 

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Cóntame máis!

Espectáculo de narración oral composto por unha selección de contos nos que se respira igualdade e se respecta a diferencia, porque a verdadeira maxia aparece cando apreciamos a dignidade de todas as persoas. 

Para nenos e nenas a partir de 4 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

As emocións non son de nenas ou de nenos...son de persoas

Unha  montaxe onde se narran e interpretan contos para educar na igualdade e na diversidade e que ten como eixe central as historias da fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos” da escritora Gemma  Lienas, coa técnica do teatro de papel e Pop- up. 

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

A mosca louca

 Historias de personaxes que buscan ser eles mesmos sen importar o seu xénero. 

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

 

Actividade realizada ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Galego

A meniña gaiteira

Espectáculo que xira arredor da vida e obra de Rosalía de Castro, no que se recrea o seu primeiro poemario en galego, Cantares gallegos, de inspiración popular, con música e recitacións baseadas na experiencia de Servando Barreiro como músico e cantor tradicional. 

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

The messy playroom

Mousy decide visitar a su amiga Linda e levarlle un agasallo.

Que lle podería dar? Os mellores agasallos sempre son os que pode facer un mesmo investindo tempo e esforzo.

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Oficina de obxectos perdidos

Por que gardamos cachiños de papel, a vara queimada dun foguete, unha conchiña da praia, flores, unha pedra, anacos de tea...?

Non son só obxectos que gardamos en caixiñas senón historias dos invernos na aldea, as festas, os veráns na praia, que as veces desaparecen en recunchos. Ata que un día, buscando outra cousa, atopamos a caixiña, abrímola, e todas esas historias agroman de novo en nós.

Nesta sesión Ramiro traerá a súa propia caixiña chea de obxectos perdidos, da que brotarán contos sen fin.

Para nenos e nenas de 4 a 8 anos.

Galego

Contos a estrear

Novo ano, novos contos, chegadiños nun paquetiño, e a estrear. Desfacemos a lazada, e aí están.

Ai qué novos! e nun intre ímolos contar!

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

4 (Catro)

Veño de lonxe sobre o mar de escume e prata, do lugar onde a Lúa baila polas noites coas melfas. Na miña maleta tráiovos historias. Historias para escoitar e ulir, salgadas coma os personaxes incribles que me acompañan. O meu nome é Manuel Antonio. Son mariño. Son poeta. 

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos