Gina Ginger e Charlie Chives
Charlie está secretamente namorado da súa veciña Gina Ginger pero sempre están a pelexar e a gastar bromas pesadas. Como poderán facer as paces?. Para nenas e nenos a partir de 3 anos.
Charlie está secretamente namorado da súa veciña Gina Ginger pero sempre están a pelexar e a gastar bromas pesadas. Como poderán facer as paces?. Para nenas e nenos a partir de 3 anos.
A biblioteca cédelle o salón de actos ao Festival Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, VI edición. Momentos de complicidade e sensibilidade cos máis pequenos e pequenas da casa. Historias, nanas, xogos, cantigas e moitos libros.. Contacontos en castelán para bebés de 0 a 3 anos e acompañantes.
Contacontos a cargo de Ángeles Goas. "Eu teño un saco máxico que podo encher de contos; esta vez vén cargado con algúns que me contaron as mulleres máis importantes na miña vida". Para nenos e nenas a partir de 4 anos.
Hai tempo contáronme que o mar escondía estrañas historias nas súas profundidades, unha delas é a de Lúa e os peixes voadores, outra é a de ... pensándoo mellor, se queres coñecer máis contos do mar, mergúllate comigo!. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Acompaña a Mousy e a Linda nunha viaxe emocionante a través da lectura, na que coñeceremos todos os diferentes animais que se esconden na xungla.
Para nenas e nenos a partir de 3 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Na selva, o rei, Sr. León decide organizar un desfile co motivo de celebrar o Entroido. Cada animal participante debe ir disfrazado de forma orixinal e ofrecer unha pequena demostración dunha habilidade que posúa. Vós tamén podedes vir disfrazados! Unha divertida historia para descubrir que todos e todas somos especiais.
Para nenos e nenas de 2 a 6 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Tan, tan, tan grande é o mundo que podes atopar un tesouro debaixo dunha pedra, nunha illa deserta, na lúa, nun cofre... e, sobre todo, nos contos.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Gina quere celebrar unha festa polo seu aniversario, pero ningunha das súas amigas nin dos seus amigos pode asistir. Que pasará ao final o día do seu aniversario?
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Contos de misterio en clave detectivesca. Xogos de pistas. Herbario caseiro "do criminal perfecto".
Coñece en primeira persoa as sagas de detectives que fixeron historia... Quen é quen?.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Novo ano e novos contos, recén chegadiños, nun paquete a estrear. Desfacemos a lazada, e aí están, que se escapan. Que non se vaian, que agora mesmo os imos contar!
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.