Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Os contos do Traxugas

Traxugas son, como traxugas me criei e como bo traxugas moitos contos contarei. Así é como me chama a miña avoa e así é como, dende a tradición ata a actualidade, compartiremos unha longa viaxe. Temos convidados moi especiais: un raposo que esquece as cousas, unha gata danzarina que monta unha boa festa subindo ás árbores e moitas sorpresas que quedan por descubrir traxugueando!. 

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Menú de contos

Historias e cancións de medo e risa, de tristeza e alegría para abrir o apetito de contos.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Chove!

Cando chove miudiño, o mellor son uns contiños. Se chove a caldeiros, contarémolos por milleiros.
Xa caen as primeiras pingas, pinguiñas que nos han de mollar. Que veña logo, ímolas escoitar!

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos mollados

Imos navegar por continentes perdidos, viaxaremos en barcos pantasma, atoparémonos con naufraxios, piratas, monstros mariños, sereas... contaremos historias das divindades mariñas e habitantes do fondo do mar.

Atraca neste peirao dos contos mollados e descubrirás as marabillas que se ocultan máis aló dos límites do descoñecido.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Ecos do tempo

Faremos unha viaxe na máquina do tempo que nos transportará ás distintas épocas da historia, coñeceremos personaxes fascinantes e curiosidades sorprendentes... Quen dixo que a Historia non é divertida?

Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Fauna en Pop-up

Os animais dos contos están cansos de ser soamente debuxos. Axúdaos a saír de entre as páxinas, déixaos que che conten as súas historias. 

Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

As árbores da paz

Nun bosque habitado por fantásticas árbores e outras personaxes van acontecer historias que nos lembrarán a importancia da natureza.

Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos