Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Moby Dick

Moby Dick é un espectáculo creado a partir da afamada novela de Herman Melville, unha peza que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un gran cachalote de tres metros e que conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun baleeiro no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Samaín

Unha sesión de contos de bruxas, morcegos, pantasmas... e tamén de medo, moito medo!

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

Outra vez!

Que pasa cando un espectáculo sae do catálogo? Onde acaban eses contos? E se non podemos separarnos deles? Outra vez! é unha selección de pequenas alegrías, un espectáculo de espectáculos. Unha escolla de aquí e de alá. Para contalo "outra vez", sen parar.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

A present for Granny

É o aniversario de Granny e Sam pasará o día con ela. Pero cre que uns monstros o perseguen e ten moito medo. ¡Ven e axuda a Sam a descubrir o que pasa cantando e bailando!

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

Libros para sorprender e participar

Desprega a túa imaxinación, e déixate levar pola miña voz e por estas obras de enxeñaría de papel. Viaxa aos seus xardíns, navega coas súas fragatas e mergúllate nun mundo de formas e de cores no que todo é posíbel. Unha contada interactiva onde as palabras e as formas que xurden dos libros forman unha historia, unha maxia coa que as nenas e nenos poderán viaxar, sentir e sorprenderse cun mundo imaxinario que agroma duns pequenos libros. Imaxes de papel que se espreguizan ante os teus ollos para recuperar a súa beleza.

Galego

Maxiart

Espectáculo sorprendente onde a maxia e o ilusionismo combínanse creando unha experiencia chea de fantasía e imaxinación, onde todo o impensable pode suceder. Maxia directa e creativa chea de aparicións, desaparicións e ilusións que desafiarán tanto á lóxica como á propia visión.

No salón de actos. Para público familiar. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Marosa e Mariña camiñan a Compostela

Na Catedral de Santiago andan cun problema ben gordo!!! Rompeu a corda do botafumeiro!!! A osa Marosa e a toupiña Mariña farán o Camiño a Compostela para arranxar esa lea…

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Polo mundo adiante

Iremos polo mundo adiante, polo vello continente para celebrar o Día europeo das linguas. A biblioteca encherase de contos de moitos países, para así coñecer mellor a cultura e os costumes da Europa na que nos atopamos. Os contos traspasan fronteiras e demostran que, aínda que temos linguas distintas, non somos tan diferentes.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

The messy playroom

Mousy decide visitar á súa amiga Linda e levarlle un regalo. Que lle podería regalar? Os mellores regalos sempre son os que pode facer unha mesma investindo tempo e esforzo.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11.30h.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos