Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Un meigallo de contos valentes

Rapazas que se enfrontan a perigosas meigas, capitanas e capitáns que viven emocionantes aventuras. Nenas e nenos que xogan un papel activo en mil e unha andanzas.

No salón de actos da biblioteca. Para nenas e nenos a partir dos 3 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11.30h.

Galego

Entroidadas!

Gústanos o Entroido!!!... Por que???... Porque estamos de festa, porque estamos de troula, porque hai comida rica… pero sobre todo porque podemos ser o que queiramos ser… Simplemente debemos desexar, planificar e xogar a ser... o que desexemos xogar a ser!!!

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Betty Sheep - Seasons

Da man de Betty e os seus amiguiños e amiguiñas faremos un percorrido polas diferentes estacións do ano.

Para nenas e nenos a partir dos 3 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11.30h.

Galego

Pitusiña

Pitusiña é unha nena arrichada que pensa, fala e xoga en galego. Un día, farta de que sempre lle digan cousas que non entende: "Fala ben, así non se di...", decide facer unha viaxe no tempo buscando a Rosalía de Castro para que lle axude. Unha viaxe á que vos convida, queredes acompañala? Espectáculo de monicreques e actriz. 

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Quen vive nese debuxo

Sempre houbo contos de trasnos, eses argalleiros que non se deixan ver, pero que se fan notar. Por sorte, hai persoas que teñen o don máxico de velos e debuxalos, para que outras poidamos contar deles.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Matías, un pito con moito conto

Un divertido contacontos para nenas e nenos, realizado por unha das escritoras máis recoñecidas na literatura infantil e xuvenil na actualidade. Baseado na súa obra dirixida a público infantil, propón un contacontos onde se valora a personalidade, a diferencia que nos fai únicos, e o valor necesario para converter isto nunha fortaleza.

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Historias delirantes de nenas e nenos fascinantes

Simón medra ou encolle de tamaño segundo precise; Antía comprende o que di o Señor Bigotes, seu gato; Xoán non é o mesmo cando cae a noite; e todo o que Carolina debuxa vólvese realidade. Fascinante, verdade? As nenas e nenos que protagonizan estas historias delirantes teñen moito que contar e, tamén, moito que agochar para que ninguén descubra os seus misterios... Shhhh!!! Escoitade os seus relatos, mais só se sabedes gardar un segredo.

Galego

A caixa de contos

Princesas que bocexan, cabaciñas que corren… A que saberá a lúa? Un estraño agasallo espéravos.

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Cantos, contos e outras animaladas

Peludos, tenros, comellóns, medorentos, curiosos, teimudos, únicos... e sempre adorables! Un galo cantareiro, unha ovella preguntona, un gato en apuros, unha rata fachendosa... Becha, becho, bechiño ou bechoco? 

Para nenas e nenos de 3 a 8 anosAs persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11.30h.

Galego

Santa's Elves

Achégase case o Nadal e os axudantes de Santa están moi preocupados. Rudolph, o reno máxico está enfermo!

Conseguiremos axudalos a repartir os agasallos a tempo?

Para nenas e nenos a partir dos 3 anos.

No salón de actos. Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos