Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Entre bechos anda o conto

Sesión de narración oral combinada con teatro de monicreques na que o noso protagonista, Tone Martínez, nos mergullará nos diferentes bichos e bechos que hai na nosa natureza e nos mostrará como estes son fundamentais para conservar o noso medio ambiente. O respecto por este, o coidado dos animais, a amizade ou os prexuízos son temas que están presentes en "Entre bechos anda o conto".

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Bailar nas nubes

Mara é unha nena que soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está pegadiña á terra e moi lonxe do ceo! Só a axuda de novos veciños fará que o soño sexa unha realidade. Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff de Editorial Kalandraka que é unha viaxe poética e visual para chegar a bailar coas nubes. No espectáculo cóntase a historia de cada unha das casas, das persoas que fan posible o soño. Porque a historia de cada un de nós é unha tea feita dos fíos da memoria de todas e todos.

Galego

Gina Ginger & Charlie Chives

Charlie e Gina son veciños e aínda que sempre se pelexan e gastan bromas pesadas, realmente son moi amigos. Desfruta das súas travesuras mentras aprendes inglés!

No salón de actos da biblioteca. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Trasnadas

Sempre houbo contos de trasnos, eses argalleiros que case non se deixan ver, pero que se fan notar. Se se meten na casa, na escola ou na biblioteca poden aparecer cousas rotas ou cambiadas de sitio ou que te persigan, xa que aos trasnos seica lles divirte moito facer falcatruadas. E tamén hai persoas ás que lles gusta contar as súas historias en libros.

No salón de actos da bilbioteca. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11.30h.

Galego

U-la lúa?

Celebramos o Día Mundial do Teatro cunha proposta escénica dirixida a un público familiar. En U-la Lúa? cobran importancia valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade. Un mundo onde a violencia non ten cabida e onde a ilusión fai dos soños unha realidade.

No salón de actos da biblioteca. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Príncipes rosas e princesas piratas

Achegarémonos ás aventuras dun príncipe que desexa vestir de rosa, dunha princesa que quere ser pirata e dunha chea de animais que buscan romper cos estereotipos asignados a cada xénero. Mergúllate nesta historia!

No salón de actos da biblioteca. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Contacontos pola Igualdade

Con esta contada quérese romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenas e nenos que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos