Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A óptica das ilusións

Experimenta a maxia e a marabilla dos enganos visuais da man do mago David Méndez, que combina as diferentes ilusións que reciben os nosos ollos e que cando chegan ao cerebro dan como resultado a admiración e o asombro.

Un espectáculo moi visual e participativo para todos os públicos.

No salón de actos. Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Xa chegou o Nadal

Chegou o inverno … o frío… as vacacións da escola e tamén o Nadal pero … hai uns problemiñas, que non impedirán celebrar estas festas.

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Nadal no mundo

Viaxamos ao redor do mundo para contar historias de diferentes países e culturas e así coñecer os seus costumes, cancións, etc. Haberá contos divertidos, emotivos; coñeceremos curiosidades, as orixes de moitas tradicións e das personaxes propias desta época máxica.

É tempo de ilusión, de compartir, de contos e de máscara.

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Contacontos interpretado na lingua de signos

Sesión de contacontos a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). 

Integrantes da FAPXG interpretan contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

The Far West

O sheriff ten un cabalo que sempre está durmindo. O Gran Xefe atópao e como non sabe que é o cabalo do sheriff, lévao para a súa casa. Cando o sheriff se entera, sae correndo a buscalo.

Quen quedará co cabalo ao final? 

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A viaxe de Lup

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o longo nome que lle puxo a súa nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.

Un día Lup preparou a súa maleta e foise dar a volta ao mundo. Un xersei, unha bufanda, unhas medias quentiñas, un libro de contos, unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos e...unha chupeta! Un lote de cousas para recoller un montón de contos de Igualdade.

Dirixido a nenas e nenos de ata 5 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Cuentos y cometas

Espectáculo no marco da VIII Edición do Festival Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral.

Noelia Carioca (Salamanca) trae á biblioteca este espectáculo de contos en castelán con apoio de bonecos, obxectos e instrumentos musicais que desfilan ante un animalario para voarmos alto, alto coa imaxinación como os papaventos. Un universo de animais, poetas, palabras bulideiras,  poesía visual e ritmos para xogar.

Un espectáculo para rir, soñar e divertirse, cheo de sorpresas. Para público familiar. 

Galego

A pirata Escarlata

Espectáculo de narración oral para nenas e nenos onde o eixe principal está constituido por historias nas que as nenas desenvolven un papel activo como base para unha aprendizaxe no respecto e a igualdade, favorecendo a busca de novos referentes que cimenten unha educación non discriminatoria por razón de xénero mentres gozan da musicalidade e a maxia das palabras. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Sabéndote Rosalía

Febreiro é sinónimo de Rosalía de Castro, será ela a que debullará a súa propia vida e obra, con poemas, cancións, vida e obra contada en primeira persoa... mais ao xeito dun teatro infantil.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos