Rosa non é unha cor
A cor rosa non é cor de nenas, nin a cor azul é de nenos. As cores, cores son. Ao igual que os xoguetes ou os contos...
Sesión de contacontos na que traballamos a igualdade e o pacifismo, que conviven co humor.
Para nenas e nenos a partir de 3 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.