Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Orella corazón

Había unha vez un neno como outro calquera … ou tal vez non?

Orella Corazón, unha historia para ser escoitada dende a música do amor.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de inverno

Con ilustracións e palabras temos imaxes para os sentidos: cando o frío conxela o nariz, o vento abanea as orellas e a chuvia peta nas tempas, hai contos que aquecen o corpo e o maxín co sabor a chocolate. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Un bosque na maleta

Brais dos bosques, o “mouro Moure", chega á biblioteca cun bosque dentro dunha maleta inzada de variñas máxicas de teixo e sobreira, trasniños, carrabouxos, meigas, magas, vasoiras voadoras …, para viaxar ate soutos e fragas aprendendo a nadar entre as árbores a xeito dun baño de bosque. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos no ar

Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.

Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

Galego

Agasallos con historia

Luces que iluminan a noite, soños cubertos de branco, cheiro a azucre e turrón.
Cartas que viaxan en avións de papel, panxoliñas que fan bailar mans e pés.
Bonecos de neve pintados nas ventás e grilandas brillantes colgadas dos balcóns.
Caixas de vistosas cores que gardan soños, agasallos e historias.

Para público familiar. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O mellor Nadal

Esta época do ano está chea de maxia, ledicia e sorpresas pero tamén poden xurdir algúns problemas...

Idade recomendada: de 3 a 8 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A Maxia do Nadal

O Nadal, unha época diferente na cal todo pode ocorrer. Unha datas especiais para facer voar a imaxinación e ver que o imposible pode pasar.

Un tempo cheo de aparicións, desaparicións, ilusións ópticas, e predicións, na que o público participa de maneira activa.

Para público familiar.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Saving Christmas

Xa está aquí o Nadal pero o señor e a señora Claus cren que cada un pode facer mellor o traballo do outro e o resultado é un completo desastre.

Idade recomendada: de 3 a 8 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Un Nadal cheo de contos

Poñemos nos zapatiños de todas as nenas e nenos contos feitos de maxia e ilusión. Cantamos panxoliñas e contamos historias que falan do sentido destas datas que ás veces son divertidas, outras sorprendentes...contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade. 

Idade recomendada: de 3 a 8 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos