Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Maxia nunha maleta

Espectáculo onde a maxia e a alegría mestúranse para conseguir un fascinante momento misterioso.

Maxia directa e sinxela, maxia con música e a participación do público. Maxia que sae dunha maleta para desfrutar e compartir.

Dirixido a público familiar. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Farmyard

Un granxeiro decide participar no premio á granxa máis limpa. Pero o porquiño e o can prefiren xogar na lama…

Poderá gañar o premio? Ven descubrilo!

Para nenos e nenas de 3 a 10 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A illa do vento

Homenaxe a María Victoria Moreno. Viaxaremos polo mundo onírico dun faiado, as dúbidas dun cataventos, nubes do ceo e ondas do mar. Montaxe de teatro de papel e

despregables pop-up, con elementos como a luz e papeis translúcidos e de cores, o xogo de texturas e a palabra.

 

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Axente Riciños

Os tres osos voltan a casa despois dun longo paseo. Pero cando chegan descobren que a porta está aberta...

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Under the sea

A aventura dun neno que atopa unha moeda antiga procedente dun barco pirata afundido e decide ir na procura do resto do tesouro.

Para nenas e nenos de 3 a 10 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Contos sorprendentes de nenas e nenos diferentes

Quen non soñou esperto algunha vez? Ti, eu , todas e todos poderiamos protagonizar estas historias imposíbeis de nenas e nenos diferentes. Historias coas que viaxar a planetas afastados, medrar e encoller, converternos en monstrosos dinosauros ou montar a cabalo cos indios.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Bailar nas nubes

Unha nena soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está moi lonxe do ceo!. Van chegando veciños de lonxanas terras, co corazón ferido, ou namorado, ou pechado baixo sete chaves, que abrirán as mans e as nubes bailarán con todos. Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos. 

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Un saco de contos

A cargo de Ángeles Goás. "Eu teño un saco máxico que podo encher de contos; esta vez vén cargado con algúns que me contaron as mulleres máis importantes na miña vida". Para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Galego

Contadas na súa voz

Rendemos unha merecida homenaxe a Helena Villar Janeiro, pioneira da literatura infantil en galego e figura destacada da nosa cultura, tanto pola súa dedicación á literatura como ao ensino. Repasamos a súa biografía e faremos, para a infancia, contadas na súa voz. Para nenas e nenos a partir de 3 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos