Invisibles
Redrum Teatro participa por primeira vez no programa de dinamización lingüística FalaRedes coa peza Invisibles, que chegará este outono ao Val do Dubra, A Pobra do Caramiñal, Soutomaior e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Redrum Teatro participa por primeira vez no programa de dinamización lingüística FalaRedes coa peza Invisibles, que chegará este outono ao Val do Dubra, A Pobra do Caramiñal, Soutomaior e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
A compañía Malasombra Producións incorpórase ao programa de dinamización lingüística FalaRedes co espectáculo Bernarda. Trátase dunha peza teatral de enorme calidade, a máis premiada en Galicia no ano 2020, que fala da memoria da ditadura franquista e do papel da muller no contexto do franquismo e da transición.
Bernarda chegará este outono a catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Neda, Ribadumia, Silleda e Salceda de Caselas.
Este 2021 cúmprese o oitavo centenario do nacemento de Afonso X, o rei sabio, o que compuxo en galego as Cantigas de Santa María, unha das obras cume da poesía e da música medievais europeas.
Como parte da celebración deste acontecemento, o programa de dinamización lingüística FalaRedes propón, entre outras iniciativas, Sabios, xogos e xograres. Ambientada na época do rei-poeta Afonso X, a actividade inclúe unha presentación inicial, un obradoiro de xogos medievais e unha competición de xogos ao vivo.
Talía Teatro volve ao FalaRedes, desta volta cunha comedia, un divertido espectáculo-collage para público a partir de 12 anos que fala da situación que atravesa a lingua galega e que está destinada a todo o mundo, independentemente da súa posición respecto aos idiomas: aos galegofalantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que tanto lles ten que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a
Libre coma os paxaros, da compañía Teatro do Atlántico, é unha peza teatral para público adulto e adolescentes de máis de 14 anos en que a figura protagonista é Rosalía de Castro, quen, interpretada por María Barcala, se dirixe ao público en primeira persoa compartindo as particularidades da súa propia orixe, do seu pensamento, da súa circunstancia social e dos condicionamentos que ten que superar para ser quen de exercer a creación poética e literaria.
O programa de dinamización lingüística FalaRedes e a Rede de Dinamización Lingüística súmanse á celebración do 800 aniversario do nacemento de Afonso X O Sabio, promotor dunha das obras cume, non só da literatura en galego, senón de toda a literatura e a música europea medievais, as Cantigas de Santa María. Fano a través do espectáculo Estrela do día, da compañía Producións Teatrais Excéntricas.
Por primeira vez, Teatro do Noroeste participa no programa de dinamización lingüística FalaRedes e faino cun espectáculo teatral para público adolescente e adulto interpretada por Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela.
A través da figura de Uxío, un escultor e pintor considerado polos seus contemporáneos unha gloria nacional, a peza convídanos a reflexionar sobre o lugar que ocupan a creación artística e a cultura na sociedade actual.
Gloria nacional estará este outono, da man do FalaRedes, en Ortigueira, Barreiros, Cariño e Ponteareas.
Romeo e Xulieta: o soño do amor, da compañía Elefante Elegante, é unha adaptación do clásico de Shakespeare, un espectáculo teatral dirixido a público adulto que estará seguido dun coloquio dos actores co público guiado por María Lado. A peza trata temáticas de relevancia na actualidade e pon o foco na igualdade de xénero.
A Rede de Dinamización Lingüística levará esta peza ao Culturgal e mais a dous concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Melide e Sanxenxo.
O coñecido músico infantil Pakolas e a ilustradora Laura Romero únense nun espectáculo musical e visual para público familiar e infantil que lle ofrece á rapazada a posibilidade de participar das aventuras de Ramona Órbita na procura da tecnoloxía para conseguir xerar enerxías limpas e así conseguir mellorar o noso mundo. Mentres Pakolas conta, canta e toca a súa guitarra, Laura irá ilustrando a historia no seu cabalete/mural.
Un espectáculo de ilusionismo para público familiar, que emprega o humor e a participación para recuperar a memoria do que somos e o valor da nosa lingua.