Polo Camiño, contos da feira
Polo Camiño, contos da feira narra a historia dunha feira onde conflúen seis personaxes que cos seus contos e cantos fan voar a imaxinación dos asistentes: a minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira. Trátase dun espectáculo para todos os públicos no que se empregan títeres de luva, marotas e títeres de táboa.

