FalaRedes

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A Nena e o Grilo camiño das cores

A Nena e o Grilo camiño das cores é a cuarta e última entrega do exitoso musical de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos que conta con tres espectáculos previos: O País das Apertas, A Nena e o Grilo nun barquiño e A Nena e o Grilo máis aló. O proxecto comezou en 2010 co álbum O país das apertas e a creación de tres propostas escénicas que chegaron ao público da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes, cunha moi boa acollida entre o público familiar.

Galego

Obradoiro con De Vacas

Humor, retranca e nova oralidade son os ingredientes deste taller que o coñecido grupo De Vacas, que celebra en 2026 o seu décimo aniversario, desenvolverá coas agrupacións corais Canta Noia, OMM Carlos Barruso, Os d'aquí de Meira, Son Outeiro e Coral de Vilaxoán.

Galego

Latexos

K'Paparota Teatro chega este outono por primeira vez ao FalaRedes cunha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas a partir de tres anos e ás súas familias. Trátase dun espectáculo en clave de humor, protagonizado por Patricia Cameán, en que, a través de obxectos de mesa e monicreques, os cativos e cativas da casa poden mergullarse na maxia das lendas galegas. Xentís, trabes soterradas e cabalos capaces de dar saltos incribles acompañaranos nunha viaxe chea de fantasía que os levará, se son quen de non perder o rumbo, a atoparen os marabillosos pitiños de ouro.

Galego

Deitado na area

Carolina Rubirosa e Xavier Alcalá, autor de temas tan emblemáticos coma Teño Saudade ou Fogar de Breogán, fan un repaso pola obra de Andrés do Barro, contextualizando histórica, social e culturalmente o momento en que foron compostas e toda a Nova Canción Galega, e dotando o repertorio dobarriano de novas roupaxes sonoras. Unha ollada diferente para presentarlle o autor ferrolán ás novas xeracións e ofrecerlles información descoñecida a aqueles que viviron o ascenso de Andrés do Barro ao número 1 das listas de éxitos estatais cantando en galego.

Galego

As Letras para Begoña

Esta é unha proposta artística e participativa de Polo Correo do Vento para FalaRedes. Inclúe narración, música e ilustración en directo para achegarlle á cativada a figura de Begoña Caamaño, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Galego

As sete boinas do aviador

A compañía Fantoches Baj presenta no FalaRedes a súa peza de teatro de monicreques para todos os públicos As sete boinas do aviador, onde se recrea a xesta do galego Joaquín Loriga, quen, hai agora 100 anos, cruzou os ceos para completar o impresionante raid Madrid-Manila. Este mes de maio Ponteceso, Mugardos, Palas de Rei, Teo e Vilagarcía de Arousa coñecerán a aventura do intrépido heroe galego grazas á Rede de Dinamización Lingüística.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - FalaRedes